A Pobra do Caramiñal, O Grove e Carballeda de Valdeorras manteranse a partir do venres no nivel máximo de restricións, segundo vén de acordar o Comité Clínico que asesora á Xunta na loita contra a Covid. Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa situaranse no nivel alto e O Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño ficarán no nivel medio. O resto de Galicia quedará no nivel baixo de restricións
