A Xunta confirma a apertura de "hospitais de reforzo" no recinto feiral coruñés Expocoruña e no multiusos fontes do Sar de Santiago para atender o coronavirus e "non descarta" facelo no Ifevi de Vigo. Ampliamos a información neste espazo

A Xunta confirma a apertura de "hospitais de reforzo" no recinto feiral coruñés Expocoruña e no multiusos fontes do Sar de Santiago para atender o coronavirus e "non descarta" facelo no Ifevi de Vigo. Ampliamos a información neste espazo
Xa se pode ver na rede, integramente e de balde, o documental Camilo: o último guerrilleiro de Galicia, unha conversa con Camilo de Dios, o derradeiro guerrilleiro galego que ficaba con vida, finado o pasado mes de decembro. O filme foi realizado por catro antigos estudantes da Facultade de Ciencias de Comunicación da UDC.
O persoal das actividades esenciais que teña que seguir traballando ten dereito a que a súa empresa lle entregue unha declaración responsable que facilite os seus desprazamentos. Esta é, e pode descargarse do BOE aquí.
A Xunta intervén dúas residencias privadas de maiores DomusVi en Vigo e Cangas ao abeiro do estado de alarma polo "elevado número de positivos por coronavirus entre as persoas usuarias e traballadoras". Serán, sinala a Xunta, convertidas temporalmente en "residencias integradas" para persoas anciás residentes e contaxiadas pola covid-19, ao xeito das habilitadas en Santiago e Baños de Molgas.
A Organización Mundial da Saúde confirma que o coronavirus covid-19 non se propaga libremente polo aire. GCiencia debulla o informe da OMS ao respecto
Casado avanza que o PP non apoiará no Congreso os reais decretos aprobados polo Goberno central para ampliar o estado de alarma polo coronavirus "se non se modifican". O líder conservador di detectar unha "deriva cara ás teses de Podemos" en materias como a suspensión da actividade económica cun permiso retribuído, que hoxe entrou en vigor. Casado tamén lamenta que os medios de comunicación "poñan o foco no positivo" e non en "entrevistas a persoas afectadas" ou "nas morgues" (Imaxe: PP)
Moléculas en Galego explica nesta infografía a química dos xeles desinfectantes, empregados para deter a propagación de xermes e, especialmente nestes días, para evitar a transmisión do coronavirus
As familias que xa teñan axuda de comedor escolar e queiran seguilas recibindo durante o confinamento poderán solicitalas aos centros educativos. O DOG publica hoxe o procedemento e establece que “as familias que acrediten dificultades” para empregar a sede electrónica da Xunta poderán solicitar que o equipo directivo do centro o fagan por eles, para o que os centros “habilitarán un horario específico que anunciarán ás familias”.
O BOE publica o Real Decreto que regula o "permiso retribuído" polo coronavirus e implica o cesamento da actividade económica non esencial. O texto inclúe unha moratoria de 24 horas para as compañías que non poidan parar de inmediato. Pódese consultar aquí e ampliamos a información neste espazo
Alerta laranxa por temporal costeiro desde esta tarde e ata a tarde do luns no litoral da Coruña por ondas e vento e amarela no resto da costa galega.