O novo auditorio de Lugo chamarase 'Fuxan os ventos', en homenaxe ao histórico grupo musical. "É un dos grupos musicais galegos máis importantes e no vindeiro ano 2022 cumpriranse 50 anos daa súa formación", destaca a edil lucense de Cultura, Maite Ferreiro. A nova infraestrutura cultural foi rematada pola Xunta en 2016 e chegara a ser inaugurada, pero o deterioro da obra por mantelo pechado e discrepancias co Concello sobre os seus remates viñeron adiando a entrega e apertura definitiva, que aínda non se produciu. Na imaxe, membros actuais de Fuxan os Ventos durante a gravación dun disco conmemorativo en 2008.
