A recuperación da casa natal de Carvalho Calero deberá seguir agardando: o Concello de Ferrol descarta actuar neste mandato
Hai unhas semanas o Tribunal Supremo anulou o plan especial de Ferrol Vello, o que dificulta moitas das actuacións urbanísticas do degradado barrio, entre elas a reforma do inmoble no que naceu o intelectual. O BNG reclama que se declare a parcela como Zona ZER, sinalando que iso permitiría acelerar a obra, actualmente paralizada