Ferrol
Un millón ao ano para depurar a auga dunha autovía de Fraga e que non mate a vida no Eume
A incompleta avaliación ambiental da autovía Ferrol-Vilalba realizada pola Xunta hai dúas décadas obriga desde aquela a constantes actuacións para evitar que o arrastre das terras con pirita que deixou ao aire faga demasiado ácida a auga do río
Rey Varela volve á alcaldía de Ferrol oito anos despois
O popular asegura que o seu principal obxectivo para este mandato é "garantir un goberno estable" na sétima cidade de Galicia, o concello máis poboado que goberna o PP
A sala Militar do Supremo ratifica a condena por unha violación na escola da Armada de Ferrol
A xustiza avala que a vítima tardase uns días en denunciar o sucedido por "medo a non ser crida ou incluso a ser xulgada" e lamenta que deixase a carreira militar e renunciase "á súa vocación por ser agredida sexualmente"
A xustiza europea obriga o Estado a indemnizar un sindicalista da CIG condenado por "aldraxe" á bandeira española
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos considera que a condena imposta a Pablo Fragoso, confirmada polo Constitucional, vulnerou o seu dereito á liberdade de expresión.
Fernández Prieto reivindica os aspectos "agochados" da historia para acadar un relato "democrático" do pasado no seu ingreso na Academia
"Recuperar aspectos agochados ou desapercibidos permítenos construír un relato máis plural e democrático do noso pasado", defendeu o historiador Lourenzo Fernández Prieto este sábado no seu discurso de ingreso como académico de número na Real Academia Galega
O PP obtén a maioría absoluta en Ferrol, única cidade galega na que ten garantido o goberno
Rey Varela cumpre cos prognósticos e volverá ser alcalde da cidade ferrolá. O PSdeG perde un edil e a alcaldía. O BNG obtén un concelleiro máis, mentres que Ferrol en Común queda con dous tras perder outro.
Ferrol: o PP busca volver 8 anos despois á Alcaldía dunha cidade que quere deixar atrás a melancolía
O PP, que non goberna ningunha cidade e só unha deputación provincial, necesita conquistar o 28M algunha praza de importancia e, da man de José Manuel Rey Varela, pon Ferrol no obxectivo. O PSdeG de Ángel Mato reivindica que a cidade está "máis viva" e Ferrol en Común (Jorge Suárez) e BNG Iván Rivas) buscan reforzar a actual maioría de esquerdas.
Ferrol homenaxea as mil persoas asasinadas polo franquismo na comarca, "executadas por defender a liberdade e a democracia"
O Teatro Jofre acollerá o 28 de abril un acto público no que intervirán familiares das vítimas, representantes políticos e membros da Comisión Pro Memorial, que leva anos promovendo un monumento que recolla os nomes e cronoloxía das persoas represaliadas, cuxa construción comezará en breve, segundo anuncia o Goberno local
A Semana de Poesía Salvaxe despídese despois de 15 anos e critica a falta de apoio do Concello de Ferrol
O encontro poético celebrará a súa derradeira edición entre o 27 e o 29 de abril e denuncia o "cru desprezo" do actual goberno municipal. Dende o 2008 pasaron pola cidade naval ducias de poetas, que levaron os seus versos a todo tipo de espazos, dende auditorios e bares ata rúas, prazas e mercados.
Ferrol esixe "xustiza" para José Couso no vixésimo aniversario do seu asasinato
Unha concentración convocada por Esquerda Unida denunciou o "crime de guerra" cometido contra o xornalista, que "foi asasinado polas tropas estadounidenses" e criticou a posición do "actual Goberno progresista", que está "defraudando a unha familia que leva 20 anos de coherencia e loita". No acto tamén se lembrou a Pablo González, encarcerado dende hai un ano en Polonia.
As Fragas do Eume: un parque natural con dúas mil hectáreas de eucalipto e medidas tímidas para reverter a situación
A pasada semana publicouse no DOG con dúas décadas de atraso o plan reitor de uso e xestión (PRUX), que revela o proceso de eucaliptización do espazo e de redución e fragmentación do bosque autóctono. A Xunta investirá 1,1 millóns de euros para mercar parcelas e realizar "actuacións de conservación e restauración", pero o orzamento anual do parque roldará os 200.000 euros, unha "achega insuficiente" para o ecoloxismo, que critica a "falta de ambición" do plan.