Ferrol homenaxea as mil persoas asasinadas polo franquismo na comarca, "executadas por defender a liberdade e a democracia"
O Teatro Jofre acollerá o 28 de abril un acto público no que intervirán familiares das vítimas, representantes políticos e membros da Comisión Pro Memorial, que leva anos promovendo un monumento que recolla os nomes e cronoloxía das persoas represaliadas, cuxa construción comezará en breve, segundo anuncia o Goberno local