Lecer
Se te queres divertir... un verán no Parque Central
A Deputación de Lugo inaugura co ciclo 'As mañás en Nugallás' a programación cultural e formativa do novo espazo de lecer familiar no centro xeográfico de Galicia en Nugallás (Antas de Ulla). Cada sábado o Parque Central ofrece un obradoiro de biodiversidade, conservación da natureza e saberes tradicionais e unha actuación escénica en actividades combinadas co goce do propio espazo natural
O centro de Galicia xa goza do seu parque
A Deputación de Lugo inaugura o Parque Central de Galicia en torno á carballeira de Nugallás (Antas de Ulla) onde quedou localizado o centro xeográfico do país tras un estudo encomendado polo Instituto de Estudos Ulloáns
Un agosto de música en María Pita: Mercedes Peón, Fillas de Cassandra, The Rapants ou Luz Casal
Este luns presentouse a programación das festas da Coruña. Á programación de concertos en María Pita, que comeza o 1 de agosto co pregón de Lucía Veiga, súmanse outras citas, coma o Festival Noroeste Estrella Galicia, o Certame de Habaneras, o Festival Internacional de Folclore, o festival Manicómicos, a Romaría de Santa Margarida ou o Viñetas desde o Atlántico.
Nova oportunidade para navegar en catamarán pola "mellor porta de entrada" á Ribeira Sacra
As rutas fluviais da Deputación de Lugo dende Ponte do Sil e Belesar ofrecen unha "visión única" dos canóns "escavados polos ríos ao longo de milleiros de anos", dos traballos da viticultura heroica ou de paisaxes singulares coma o Cabo do Mundo. As reservas da nova temporada xa están dispoñibles no web oficial
A Coruña ensaia a reserva de espazos para fogueiras de San Xoán na praia
O Concello coruñés lanza "unha proba piloto" con parcelas en Riazor ás que poderán optar "entidades e asociacións" da cidade, que virarán tamén en "responsables da limpeza" do lugar asignado. Unha gran sardiña deseñada polo cineasta Alberto Vázquez pon a imaxe neste 2026 á festa, que volve estar acompañada dunha semana de programación cultural coa 'Ruada das Xoubas'
Tanxugueiras e Mondra encabezan unhas festas da Ascensión que celebran a Begoña Caamaño
A coincidencia co Día das Letras impregna o programa das festas máis compostelás, que neste 2026 se celebran do 12 ao 17 de maio
A Coruña, provincia 'gourmet' para visitantes que valoran a "calidade" e a gastronomía
Unha destacada representación de produtores e chefs participaron esta semana no espazo que a Deputación da Coruña levou á feira internacional Salón Gourmets, dirixida a profesionais. Catro xornadas demostracións e relatorios que serviron para tecer redes e pechar acordos de negocio e nas que as producións e cociñas do país amosaron o seu "tirón", destaca Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo e Promoción Económica.
A pé, a cabalo ou nunha 'via ferrata': 9 formas de descubrir o Xeoparque Ortegal esta Semana Santa
O Xeoparque do Cabo Ortegal preparou un amplo catálogo de actividades de turismo activo para os vindeiros días. A proposta comeza este sábado e desenvolverase durante un total de nove días ata o domingo 5 de abril
- Interactivo
- Lecer
Aquí é festivo polo Entroido
En 189 concellos é festiva algunha das xornadas entroideiras
Cociña 'de avoa' e 'alta cociña': os fogóns da Coruña suman tradicións para celebrar a súa identidade
Fabián Mouzo, do restaurante O Camiño Fala de Mazaricos; Silvia Facal e Rafa Varela, do restaurante Balarés de Ponteceso; e Lucía Freitas, do restaurante A Tafona de Santiago, fixeron demostracións de cociña en directo no stand da Deputación da Coruña en Madrid Fusión, onde tamén Alejandro Paadín destacou a calidade dos viños producidos na provincia. Sabor, territorio e excelencia.
Produto e talento: a gastronomía coruñesa conquistou Madrid
En Madrid Fusión, un dos encontros internacionais de gastronomía máis importantes e influentes do mundo, foron protagonistas os produtos quilómetro cero, da man da Deputación da Coruña: galletas, queixos, mexillón, produtos da horta, viños ou conservas, entre outros, chegados dende practicamente todas as comarcas e que son exemplos de calidade, sustentabilidade e identidade