O San Froilán de Lugo vira en semana cultural no outono marcado polo coronavirus
"Este ano o San Froilán non será unha festa, senón unha semana de eventos culturais nos distintos barrios de Lugo", sinalan dende o Concello. Os concertos serán de balde, pero con retirada de entrada previa para cinguirse á capacidade de cada recinto, con cadeiras e distancia de seguridade; os locais hostaleiros poderán sacar á rúa os caldeiros do polbo previa autorización municipal