Lugo
O voto de centos de persoas confinadas na Mariña queda no aire e a Xunta pide aos concellos que multen a quen incumpra as normas
A Consellería de Sanidade di que as persoas en illamento non poderán abandonalo “agás autorización expresa do servizo sanitario”
O ciclo de FP dual en Ribadeo de traballos forestais ofrece aulas e prácticas remuneradas con 500 euros
O centro Pedro Murias oferta por primeira vez este ciclo de profesional do monte galego con posibilidade de aprendizaxe en FInlandia. O prazo de inscrición remata o vindeiro 8 de xullo.
- Datos Coronavirus
- Acontece Lugo
O brote de coronavirus na Mariña segue medrando, con 12 novos casos que xa suman 59
Nos últimos nove días realizáronse un milleiro de probas no rastrexo de contactos das persoas infectadas, con 59 positivos e máis de 500 resultados negativos. Todas as persoas que estiveron en contacto coas persoas contaxiadas deben permanecer en corentena.
"En Lugo temos algo único, unha muralla romana completa. Debe deixar de ser unha macro rotonda para os coches"
Falamos con Rubén Arroxo, responsable da área de Mobilidade e Infraestruturas e tenente de Alcaldía do Concello de Lugo, sobre os proxectos postos en marcha na cidade para a peonalización de espazos e o fomento dos medios de transporte sustentables. Liberar de coches a Ronda da Muralla é un dos obxectivos da súa concellería
- En actualización Coronavirus
- Acontece Lugo
O brote de coronavirus na Mariña achégase ao medio cento de casos tras sumar outros 12 e salpica a Asturias
O brote da Mariña provocou que a área sanitaria lucense pasase en apenas unha semana de 17 a 64 "positivos activos" pola covid-19. Unhas 500 persoas que tiveron contacto con persoas afectadas polo brote están en corentena por se desenvolven síntomas
Folga total do persoal de Alcoa na Mariña, que clama por unha "intervención" ante a Xunta
O seguimento do paro é do 100% entre os traballadores, que esixen a Feijóo ante San Caetano que apoie intervir a fábrica para evitar os despedimentos.
A cúpula estatal do PP desembarca en Lugo para facer campaña por Feijóo
Na súa terceira intervención na carreira electoral galega, segunda en campaña, Casado botou man de metáforas taurinas para preguntarse "a que vén" Pedro Sánchez a Galicia. Tras a visita do líder popular, o seu número dous, García Egea, acudiu tamén á provincia lucense, onde atribuíu a Feijóo a salvación de "miles de vidas" pola realización de test rápidos do coronavirus
A Xunta paraliza a volta de discotecas na Mariña e reabre agora centros de lecer infantil tras adiar a setembro as escolas infantís
O Goberno galego rebaixa a voluntario o rexistro de usuarios tanto no lecer nocturno como nas ludotecas, nas que tamén poderán entrar adultos
Dona Margarita, propietaria do centro de Galicia, unha carballeira que se converterá nun gran parque público
Hai uns meses o Instituto Xeográfico Nacional confirmou que o 'Quilómetro 0' do país se atopa no lugar de Nugallás (Antas de Ulla), un terreo propiedade dunha mestra xubilada, que vén de vender o predio á Deputación de Lugo, que creará ao seu redor o Parque Central de Galicia.
Ocasións perdidas
Antonio Gregorio
Alcoa e o infinito universal
Pedro Alonso Iglesias