Folga total do persoal de Alcoa na Mariña, que clama por unha "intervención" ante a Xunta
O seguimento do paro é do 100% entre os traballadores, que esixen a Feijóo ante San Caetano que apoie intervir a fábrica para evitar os despedimentos.
O seguimento do paro é do 100% entre os traballadores, que esixen a Feijóo ante San Caetano que apoie intervir a fábrica para evitar os despedimentos.
Na súa terceira intervención na carreira electoral galega, segunda en campaña, Casado botou man de metáforas taurinas para preguntarse "a que vén" Pedro Sánchez a Galicia. Tras a visita do líder popular, o seu número dous, García Egea, acudiu tamén á provincia lucense, onde atribuíu a Feijóo a salvación de "miles de vidas" pola realización de test rápidos do coronavirus
O Goberno galego rebaixa a voluntario o rexistro de usuarios tanto no lecer nocturno como nas ludotecas, nas que tamén poderán entrar adultos
Hai uns meses o Instituto Xeográfico Nacional confirmou que o 'Quilómetro 0' do país se atopa no lugar de Nugallás (Antas de Ulla), un terreo propiedade dunha mestra xubilada, que vén de vender o predio á Deputación de Lugo, que creará ao seu redor o Parque Central de Galicia.
O Executivo aprobou este venres un Fondo de Reserva de 600 millóns para que as empresas subscriban contratos de compravenda de electricidade a medio e longo prazo, abaratando o seu prezo. Ademais, o candidato do PSdeG comprometeuse en Lugo a estudar a intervención pública na factoría de San Cibrao para salvar os postos de traballo
O Sergas informa de que detectou o brote na tarde deste martes e xa rastrexou a unhas 40 persoas relacionadas con el
O Ministerio de Industria presenta plan industrial a dez anos no que crea un marco enerxético cun prezo estable do MW/hora de entre 25 e 35 euros que o comité ve positivo de concretarse as propostas. A multinacional non ve "garantías nin certeza".
Milleiros de persoas iluminan a noite de San Cibrao contra os despedimentos previstos pola multinacional. O persoal da factoría pide a Feijóo e Sánchez que impulsen unha "intervención" da planta.
A multinacional prevé despedir uns 530 traballadores da planta de aluminio de San Cibrao, o que provocaría a perda duns 400 empregos máis nas auxiliares. O comité cualifica de "vergoñenta" a actitude da empresa, á que acusa de "mala fe".
Máis de dez mil persoas mobilizáronse este domingo en Foz, segundo a Policía Local, baixo o lema de "A Mariña sálvase loitando". A marcha foi acompañada dende o mar por varias embarcacións, que fixeron soar as súas buguinas e que tamén amosaron faixas de apoio.