O festival de Pardiñas espállase para "non baixar as forzas", tampouco contra o coronavirus
Xermolos muda o formato habitual do festival por outra adaptada ás restricións da pandemia, levando diversas actividades culturais durante dez días de agosto a diversos puntos da contorna de Parga e Guitiriz. "Concibimos a cultura como unha ferramenta contra outras pandemias, como a da desigualdade, por iso cremos que ante o coronavirus tampouco podemos baixar as forzas", sinala Alfonso Blanco