O Goberno central anuncia o estatuto electrointensivo para as "vindeiras semanas" e Caballero aposta pola intervención pública en Alcoa
O Executivo aprobou este venres un Fondo de Reserva de 600 millóns para que as empresas subscriban contratos de compravenda de electricidade a medio e longo prazo, abaratando o seu prezo. Ademais, o candidato do PSdeG comprometeuse en Lugo a estudar a intervención pública na factoría de San Cibrao para salvar os postos de traballo