'Os Andares', a serie de viaxes sonoras polos Ancares, galardoada internacionalmente
O proxecto, que recibiu o Premio Sound Walk September, está conformado por seis capítulos centrados nos concellos de Cervantes, Baralla, Becerreá, As Nogais, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro. Iria Azevedo, José Díaz, María Lado, Avelina Pérez, Clara Gayo, Marcos PTT realizaron cada unha das pezas.