
Lugo
A Xunta frea de vez na controvertida autovía á beira do río Rato que 'resucitou' nas municipais de Lugo
En vésperas das pasadas municipais a Xunta reactivou o proxecto da Rolda Leste de Lugo, cuxo primeiro treito foi construído hai década e media a partir dunha avaliación ambiental de 2004, e agromou a oposición a un proxecto que impactaría de cheo en plena Reserva da Biosfera das Terras do Miño. Infraestruturas admite a influencia das alegacións que "consideraban excesiva a afección ambiental" da obra para decidir que "o máis oportuno" é "unha nova avaliación de impacto ambiental" e deixar "sen efecto" todos os trámites
150 reclamacións nunha mañá por falta de médico no Courel
"Non houbo médico a mañá do luns e tampouco os vai haber o mércores e o venres", detalla a veciñanza que participou no 'colapso' simbólico dos centros de saúde de Folgoso e Seoane do Courel para denunciaren as carencias de atención sanitaria neste Concello da montaña lucense. Mentres, a Xunta asume que este verán volverá faltar persoal médico nos centros de saúde, pero culpa o Estado
A Ulloa berrou "Altri non" nunha manifestación histórica contra as celulosas e a prol dun rural vivo
Milleiros de persoas chegadas dende todo o país ateigaron Palas de Rei na manifestación contra o proxecto de celulosa. "Ríos para a vida e non para o negocio" foi unha das mensaxes máis repetidas nunha marcha que contou coa participación de entidades veciñais, sociais e ecoloxistas de todo o país.
Manexar un smartphone pasados os 80: "Moito me queda para saber todo o que ten o móbil"
Dentro do programa Xunt@s da Deputación de Lugo, a residencia de maiores de Navia de Suarna acolleu unha serie de obradoiros para aprender a manexarse cos smartphones e as tablets que os residentes teñen ao seu dispor no centro. Falamos con Ana, Luis e Maribel, tres dos residentes que asistiron a este taller
Das gandarías ás panadarías: produtoras da Ulloa contra Altri
"O noso tecido socioeconómico, que resultou ser un modelo exitoso de fixación de poboación e de cohesión territorial, está en perigo", sinalan as impulsoras do manifesto, que subliñan o seu papel fronte á crise climática. Empresas como Pazo de Vilane, Milhulloa ou Arqueixal, fornos de pan da contorna ou as denominacións de orixe Arzúa-Ulloa e Queixo de Tetilla apoian o
Un día rural no presente desde Navia de Suarna: "Négome a perder todo o que os meus ollos aman"
O martes que cheguei a Navia de Suarna ía encherse a lúa. A actividade no campo era intensa. Todo o mundo se preparaba porque ao día seguinte, xa no minguante, comezarían a plantar as patacas. Marifé Pérez Arias déixanos acompañala nun día máis na aldea de Vilaverde, onde toda a veciñanza bota as patacas en comunidade
Detido por escravizar e estafar traballadores migrantes en explotacións agrícolas de Lugo
O home, xa encarcerado, captaba persoas en situación administrativa irregular ofrecéndolles salarios de 1.200 euros, aloxamento e comida. Non abonaba "salario ningún", sometíaos a xornadas de ata 12 horas e tampouco pagou os hoteis aos que os enviou
Jorge Prado gaña o Gran Premio de Galicia de motocross e volve liderar o mundial
32.000 persoas asistiron en Lugo, no circuito municipal Jorge Prado, á exhibición do piloto local, de tan só 23 anos
A Deputación de Lugo descobre que o PP vendeu 60.000 metros urbanizables públicos a tres días de perder o poder
O socialista José Tomé, actual presidente, asegura que a operación formalizada polo goberno de Cacharro en xullo de 2007 por 3 millóns foi descuberta hai apenas un mes, cando a institución provincial se dispuña a renovar os equipamentos do parque de Paradai, na contorna dos terreos. "Algunhas" das 66 parcelas vendidas "a un particular" mesmo levaban "mobiliario urbano incluído", asegura, que di que o revela "por hixiene democrática"
Artes feministas Polas Bravas en Chantada
Tras o éxito no seu nacemento en 2023, o "primeiro festival feminista da provincia de Lugo" volve os días 24 e 25 de maio cun cartel diverso no que músicas como as de Caamaño e Ameixeiras ou EME DJ se combinan con poesía, circo ou teatro
O ex-ministro Montoro foi alertado de rexistros do caso Pokémon en Lugo antes de que se producisen
'El Periódico de España' revela correos nos que o daquela xefe de gabinete do ministro adianta intervencións ordenadas pola xuíza De Lara a Vixilancia Aduaneira, corpo dependente do Ministerio de Facenda ao que usaba como policía xudicial, na Deputación e no Concello de Lugo, na altura con gobernos que encabezaban os socialistas Besteiro e Orozco