Lugo
O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo como "chequeira" da líder do PP en Lugo para "comprar vontades"
"Con cargo ao orzamento" turístico do Goberno galego Candia "vai repartindo cartos a destro e sinistro polas parroquias", asegura a socialista Lara Méndez, que cuestiona a intención política de achegas como "unha festa de disfraces" que "organiza unha panadería do ámbito familiar dunha persoa que foi nas listas" do PP lucense ou "unha orquestra para as festas dunha parroquia" a través "dunha consultora de enxeñaría"
Piden protección para a mina romana de Espiñeira, en Foz, ante os traballos dunha canteira
ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian que os movementos de terra se están a desenvolver dentro da contorna de protección arqueolóxica e estarían a causar "danos directos" na antiga mina romana sobre unha canle de evacuación identificada e documentada en estudos arqueolóxicos.
Besteiro pide a Rueda non apoiar o recurso de Altri ao plan eléctrico: "Poría en risco centos de millóns"
A compañía portuguesa avanzou a súa intención de recorrer despois de que o Estado deixase o seu proxecto en Palas fóra da planificación eléctrica ata 2030. "Defendemos a industria, pero a que crea emprego de calidade e respecta o noso medio natural", sinala o líder do PSdeG durante unha visita á cooperativa Milhulloa
Cen anos do Congreso de Economía Galega: "Posuímos no país unha riqueza enorme"
Lugo evoca o encontro de "visionarios" que, hai agora un século, se xuntaron na cidade para abordar melloras agrarias, gandeiras, industriais e políticas para Galicia. Relatorios sobre galeguismo empresarial, a economía galega actual ou a innovación no agro e a gandaría centraron un acto de recordo que tamén serviu para homenaxear a figura do empresario e filántropo galeguista Álvaro Gil
BIC, en Ribadeo, non é nome de bolígrafo. Un caso particular
Antonio Gregorio
Lugo sobe o IBI ata o 150% a pisos baleiros de grandes propietarios e báixao aos de veciñanza que os alugue
O alcalde lucense presenta o Plan Municipal de Vivenda, con accións como descontar o 95% do tributo de bens inmobles ás persoas propietarias que inclúan os seus pisos baleiros na Bolsa Municipal de Alugueiro Accesible, que o Concello ofertará "por baixo do prezo do mercado". O proxecto inclúe mercar vivendas para rehabilitar e alugar, novo solo urbanizable con reservas mínimas do 40% para pisos protexidos e limitar os pisos turísticos a baixos, primeiros andares ou edificios de uso exclusivo
A Deputación de Lugo acusa a Xunta de crear grupos veciñais "ao servizo do PP" con fondos públicos
Tras perder a apertada pugna electoral polo Concello e a Deputación en 2023, o PP multiplicou os movementos para tentar logralos en 2027. Un dos múltiplos terreos desta batalla é a do asociacionismo veciñal, co nacemento de colectivos afíns aos populares fronte á Federación Lucus Augusti, máis afín aos socialistas
A RAG homenaxea Paco Martín nos 40 anos de 'Das cousas de Ramón Lamote', "o libro que cambiou todo"
En 1985 deu ao prelo unha obra para público xuvenil que relataba a vida dun "profesor de chairego e debuxante de soños por encarga" e que se converteu nun fenómeno editorial e literario. A obra virou nun best seller e concedeulle ao seu autor -e ao conxunto da literatura infantoxuvenil galega- un notable recoñecemento e proxección. Este mércores Paco Martín (e Ramón Lamote) foi homenaxeado en Lugo.
Expulsado un Garda Civil de Lugo por golpear e ameazar a súa ex-parella, á que controlaba coas bases de datos do corpo
O Supremo ratifica que o Ministerio de Defensa expulse o axente, condenado en firme por violencia habitual e ameazas continuadas, polo "claro prexuízo ao crédito e prestixio do que goza a institución"
Investigado por suborno ao ministro de Sanidade de Guinea Ecuatorial o xerente dunha farmacéutica de Lugo
Segundo a investigación xudicial o ministro aloxouse en Lugo varios días e o investigado entregoulle diversas contías para que mercase produtos da súa empresa
"Hai que traballar e deixarse de mercadear cos votos dos veciños para vendelos a medio mandato"
"A Xunta carga os concellos de competencias que non lles corresponden e despois dá caramelos a quen queren arrimar ao PP", advirte a vicesecretaria xeral do PSdeG en Lugo. A tamén alcaldesa de Antas e voceira socialista do goberno da Deputación lucense atribúe movementos coma o pacto do PP co alcalde de Sarria ou a anterior moción de censura en Viveiro a que Elena Candia, líder provincial dos populares, se "sente presionada porque onde vai non acaba de consolidar": "Pode facer facer as compras na feira na que está metida, pero se cadra compras que parecen boas non lle dan resultado", ironiza