A futura ampliación do período de cálculo das pensións axita as mobilizacións dos actuais pensionistas
O compromiso do Estado coa UE de "aumentar o período de cotización para o cálculo das pensións" é público dende hai máis de medio ano e agora fica ratificado na nova documentación de seguimento dos fondos de recuperación. "É falso e perverso dicir que as nosas reivindicacións poñen en risco as pensións do futuro" porque "estamos falando de consolidar e garantir un sistema público e universal de pensións para as xeracións futuras", resaltan as organizacións de pensionistas que se volven manifestar este 13 de novembro