Os 25 anos de vida de CUAC FM, nun documental que homenaxea as persoas que constrúen a radio comunitaria
Nada que ver está dirixido por Iago Prada e estrearase o vindeiro 10 de febreiro no Teatro Colón da Coruña a partir das 20.30 horas. O evento, cuxa recadación irá destinada á Cociña Económica, busca ser unha gran festa da emisora e unha reivindicación dos medios comunitarios.