Movementos sociais
Día da Liberdade de Prensa na pandemia: "Nunca houbo tanta demanda de información que cambia a túa vida"
O manifesto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, asinado por María Piñeiro, constata que, xunto a un histórico incremento da demanda de información, a crise do coronavirus trae consigo a enésima vaga de precariedade laboral e restricións informativas
A Rede de Apoio Mutuo da Coruña deu apoio a máis de cinco mil persoas dende o inicio do confinamento
Esta plataforma, composta por 12 grupos de barrio e outros seis de traballo específico, fabricou e distribuíu máis de 3.000 máscaras de protección, atendeu necesidades alimentarias de emerxencia e emprestou acompañamento emocional en toda a cidade
Os sindicatos manteñen as reivindicacións, dende o confinamento, no 1º de maio máis atípico
CC.OO e UGT convocan a unha "manifestación virtual" nas redes sociais de 12.30 a 13. E a CIG chama a pendurar das fiestras bandeiras galegas e vermellas e a cantar 'A Internacional'. O TC avala a prohibición da manifestación de coches convocada pola CUT.
1846 é para sempre. Abril, sempre!
Dionisio Pereira
Unha 'Acción global polo clima' para construír outro modelo de produción e consumo e evitar novas pandemias
O Movemento Galego polo Clima lanza unha convocatoria á cidadanía para que na noite deste venres participe nunha acción colectiva que reclama que "a saída da crise xerada pola COVID-19 non pode basearse no nocivo modelo de produción, consumo e destrución da natureza que nos conduciu ata a emerxencia ecolóxica e social actual"
Repensar a vida no Día da Terra
Lucía Casas Piñeiro
Colectivos sociais galegos reclaman unha renda básica universal que supere as limitacións doutras axudas
Os 13 colectivos que impulsan a campaña 'Renda Básica Xa' rexeitan a RISGA polas súas "contías miserentas" e por ter unha "taxa de cobertura da poboación empobrecida ínfima e cun nivel altísimo de burocracia". Tamén piden que o Goberno vaia máis aló do anunciado Ingreso Mínimo Vital .
Tudo bem?
Gabriel Vezeiro-Sueiras
Semente Compostela segue a medrar e adquire un novo local para agrupar as súas tres escolas
O proxecto educativo adquiriu a denominada Casa das Moas, en Vidán, grazas a un empréstito concedido por Coop57. Nas vindeiras semanas porá en marcha unha iniciativa de crowdfunding para financiar os traballos de reforma do inmoble, que busca dar resposta "a ampla demanda que está a ter"
E que pasa con eles? Transexualidade e coronavirus
Martiño Corral
100 venres negros "contra a manipulación" na CRTVG, que acumula meses sen control do Parlamento
Defende A Galega cumpre un cento de semanas de protestas nuns medios públicos sen control da Cámara desde finais de xaneiro. A oposición coincide co persoal mobilizado na denuncia da súa "utilización partidista" a prol do PP, acentuada durante a pandemia.