O Sergas volve á 'vella normalidade' coas protestas contra a precariedade que o persoal interrompera polo coronavirus
Profesionais da sanidade pública regresan á rúa para protestar contra a inestabilidade laboral, a "contratación fraudulenta" ou a falta de medios no Servizo Galego de Saúde tras o pico forte da pandemia, que destapou aínda máis as eivas.