Movementos sociais
Intúese un refluxo do feminismo
Xosé Manuel Sarille
46 colectivos ecoloxistas apoian o labrego da Limia demandado por COREN polas súas críticas ás macrogranxas
A empresa demanda a Manuel García por un millón de euros por acusala nun programa de TVE de verter xurros contaminantes. A denuncia foi admitida a trámite polo xulgado de Xinzo, que convocou para este 2 de marzo un acto de conciliación. O movemento ecoloxista alerta de que a manobra só busca "amedrentar"
"Desafortunado e ata reprochable", pero non delito: a xustiza avala que ENCE fixese soar o himno para dificultar unha protesta
O Tribunal Superior ampara á empresa fronte á Asociación Pola Defensa da Ría, que a denunciara por activar a megafonía do recinto de Lourizán impedindo a lectura dun manifesto
Galicia volve ás urnas cos seus medios públicos baixo a lupa: "A presión sobre o persoal aumentará"
Defende A Galega aproveita a convocatoria electoral para lembrar "a todos os partidos" a necesidade de "abordar de inmediato" o cumprimento da lei de Medios e a urxente creación do Consello de Informativos ante un "escenario de manipulación que non é novo". O colectivo difunde un decálogo de reivindicacións.
- Entrevista | Auga limpa xa
- Movementos sociais Ourense
"A situación na Limia é insostible. As integradoras, como Coren, deben asumir os custos da xestión dos xurros"
A plataforma veciñal Auga Limpa Xa! leva un ano reclamando unha moratoria na instalación de novas explotacións gandeiras intensivas e a correcta xestión dos residuos que producen as que xa están en funcionamento. Alerta de que este modelo non xera riqueza na comarca e reclama tamén "prezos xustos" para os gandeiros
O profesorado toma a iniciativa na defensa dos dereitos das persoas LGBT
Este xoves presentouse a Rede Educativa de apoio LGBTIQ+ de Galicia, formada por mais de 200 persoas, maioritariamente docentes do ensino público. En 25 centros están constituídos equipos de apoio, que realizan actividades de sensibilización, coñecemento e concienciación sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero.
"O prezo dos alugueiros obriga o estudantado a marchar á periferia de Santiago ou a vilas limítrofes"
O sindicato estudantil Anega presentou a campaña 'Vivenda digna e accesible xa', na que denuncia o incremento dos prezos na cidade e as malas condicións dos inmobles. Alerta sobre o efecto das vivendas de uso turístico e de que a tendencia á alza se incrementará durante o Xacobeo.
- Con vídeo Pola sanidade pública
- Movementos sociais Ferrol
Cedeira bótase á rúa para esixir que o Sergas cubra a baixa da súa pediatra
Medran as protestas por falta de pediatras na contorna de Ferrolterra. A plataforma das familias afectadas en Cedeira explica que a falta de cobertura da baixa deixou sen atención pediátrica na vila a arredor dun milleiro de menores
"Parecía que os nosos problemas como inquilinos eran individuais, pero convertémolos nunha loita colectiva"
A Coruña acolle este sábado un encontro sobre dereito á vivenda, que reflexionará sobre o problema da suba dos alugueiros, a presenza na cidade de fondos voitre ou a cuestión dos pisos baleiros en poder de entidades financieiras. Falamos con representantes do Sindicat de Llogaters de Barcelona e do Sindicato de Inquilinas de Madrid, que participan no encontro
Augas de Galicia confirma o uso mineiro das balsas de San Fins, que a Xunta fixo pasar por presas hidroeléctricas
En 2016 o grupo Sacyr solicitou permiso ao Goberno galego para verter un millón de metros cúbicos de augas residuais procedentes da mina. O director xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, foi imputado o pasado ano nun proceso aberto por un presunto delito de prevaricación ambiental.
O Supremo confirma a condena á CRTVG por vulnerar o dereito á folga feminista do 8M
O alto tribunal acusa a Corporación de substituír a presentadora dun informativo polo seu xefe para "limitar o dereito de folga" e "neutralizar o efecto propio e esencial do exercicio dese dereito" e confirma o ditame do TSXG.