O Movemento Galego polo Clima celebra unha asemblea aberta para organizar novas accións e un encontro nacional
Na actualidade a plataforma está composta por 80 colectivos. O encontro terá lugar este sábado na Casa do Matadoiro de Compostela e debaterá un decálogo de propostas ás formacións políticas de cara as vindeiras eleccións ao Parlamento galego.