O relator da ONU para a pobreza escoitou en Monfero as necesidades das persoas que viven no rural
As participantes no encontro falaron de problemáticas que están as sufrir os concellos rurais galegos, como o desmantelamento dos servizos sociais, a falta de infraestruturas, a falta de oportunidades para mozas, a fenda dixital e de xénero ou do sentimento de abandono por parte das institucións.