Movementos sociais
Expulsado do Exército un militar de Redondela por asinar un manifesto antifranquista
Marco Santos foi o único militar en activo que asinou o documento, que respondía ao manifesto militar de apoio ao ditador e que esixía que o seu corpo permancese no Valle de los Caídos. É acusado de “infrinxir os deberes de neutralidade política”.
- Con vídeo Pola sanidade pública
- Movementos sociais Ourense
Verín vólvese botar á rúa contra o peche do paridoiro e o PPdeG encadra o rexeitamento político na "demagoxia"
Unha semana despois da histórica manifestación para rexeitaren o peche da sala de partos, a veciñanza botouse á rúa nun velorio simbólico na defensa do hospital e o seu servizo de pediatría. O PPdeG esgrime unha nota do presidente da Sociedade Galega de Pediatría, que non ve "xustificada" a continuidade da sala de partos do hospital de Verín
Voces galegas no clamor global contra a emerxencia climática
O Movemento Galego polo Clima, do que participan as principais organizacións ecoloxistas do país, sumouse á mobilización que abre o Cumio Social, o encontro de organizacións ambientalistas internacionais que transcorre paralelo á COP 25
Nicanor Acosta, premiado pola súa traxectoria como activista e a súa loita pola xustiza social
Acosta recolle a vindeira semana o Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade, outorgado polo Foro Cívico. De 78 anos de idade, leva décadas participando en múltiples colectivos, sempre en primeira liña da actividade de movementos coma Stop Desafiuzamentos ou o propio 15M
O legado republicano de Antoni Domènech
María Julia Bertomeu
A mobilización contra o peche da sala de partos de Verín espállase por Galicia da man do movemento feminista
O chamamento da Marcha Mundial das Mulleres contra a fin da atención aos partos no hospital de Verín espallouse por ata catorce localidades galegas. "Esquecen tamén a vulnerabilidade das familias que non posúen medio de transporte ou que a rede viaria desta provincia é deficiente e os transportes públicos, limitadísimos"
- Entrevista | Zocamiñoca
- Movementos sociais A Coruña
"Un produto ecolóxico ten que ser, ademais, xusto e de proximidade. Son tres dimensións que en Zocamiñoca conflúen"
A cooperativa de consumo responsable da Coruña celebra o seu décimo aniversario e faino coas xornadas de debate 'Enraizar no asfalto', organizadas pola Unión de Cooperativas Espazocoop, que afondarán nas posibilidades da economía social en Galicia e no impacto que o consumo ten sobre o territorio e a soberanía alimentaria
- Entrevista | Sabela Losada
- Movementos sociais
"Ás mulleres fáisenos responsables da baixa natalidade, pero despois non se escoitan as nosas demandas"
O grupo de Maternidades Feministas en Compostela presentou o 'Observatorio das violencias machistas cotiás que afectan á maternidade e ás súas crianzas'. Nos vindeiros meses levará a cabo un cuestionario para diagnosticar os principais problemas e presentar propostas de solución
Outro 25N de lila e negro en Galicia contra todas as violencias machistas
Unha trintena de localidades galegas acolleron mobilizacións contra a violencia machista, secundadas por milleiros de persoas, tras unha xornada de actos contra as agresións de xénero por todo o país
Eu son… Mulleres da sombra á luz, tamén contra a violencia machista
Un novo proxecto de educación en igualdade do IES de Arzúa aposta por facer visibles algunhas mulleres que destacan ou destacaron en diferentes ámbitos e momentos hitóricos" sen "obteren o mesmo recoñecemento ou teren as mesmas posibilidades que os seus equivalentes varóns"
- Reportaxe
- Movementos sociais
'Cohousing': a covivenda para a terceira idade asoma a cabeza en Galicia
O envellecemento da poboación abre as portas a novos modelos de vivenda para persoas anciás. A covivenda incorporouse ao catálogo de servizos sociais da Xunta hai un ano, pero cando estará dispoñible para os usuarios, como se vai configurar e como pode adaptarse á realidade e poder adquisitivo da poboación galega son algunhas das moitas preguntas que xiran en torno a proxectos coma este