Movementos sociais
A CRTVG xustifica o atraso no cumprimento íntegro da súa lei na necesidade de adaptala ao uso das redes sociais
O director xeral da CRTVG xustifica o atraso, de máis de oito anos, na aprobación dun estatuto profesional na necesidade de adaptalo ao emprego das novas formas de comunicación por parte dos profesionais dos medios públicos.
Non só Verín: familias da contorna de Ferrol reiteran "queremos pediatra" dende hai un ano
A pediatra que cubría concellos como Moeche, San Sadurniño, Cerdido e As Somozas aprobou as oposicións e deixou de exercer alí a comezos de 2019; dende aquela, persiste a mobilización nestes municipios de Ferrolterra para reivindicar a atención pediátrica para a súa rapazada, que agora plasman nun vídeo reivindicativo
Nove cousas que podes cambiar este Nadal para non agredir o medio ambiente
ADEGA ofrece consellos para ter unhas festas máis sustentable social e medioambientalmente e limitar os excesos destes días, tanto na alimentación, no consumo, na xeración de residuos ou nos desprazamentos en coche
A familia de José Couso tenta que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos reabra o caso do seu asasinato
A reforma da xustiza universal obrigou ao arquivo do caso Couso e o pasado xuño o Constitucional desestimaba o recurso de amparo formulado pola familia. Con esa modificación, subliña a familia, o Estado "privou os familiares da posibilidade de articular un recurso efectivo" para que o crime sexa axuizado
Un Nadal solidario e sostible
Macu Rodríguez
Os resultados do Cumio Climático: entre o avance simbólico e o fracaso total
Fronte ao lema elixido de "tempo de actuar", a declaración final en esencia atrasa ata o 2020 calquera tipo de decisión importante para reducir as emisións contaminantes. ADEGA cualifica COP25 como "un novo fracaso na loita contra o Cambio Climático". Mentres, o Goberno central destaca o mantemento dos consensos previos
Un recheo con 3.000 camións de area pon en perigo o zosteral de Sada, clave para a reprodución de especies mariñas
Os zosterais son praderías mariñas fundamentais para a alimentación, protección e reprodución de numerosas especies, como a xiba e peixes de gran valor económico. Organizacións ecoloxistas denuncian o proxecto, que busca ampliar a praia
Nacionalismo electrointensivo
Iolanda Teixeiro
O profesorado do ensino público, en folga fronte a unha Xunta "máis preocupada do ensino privado que de negociar"
Regresar ás 18 horas lectivas na ESO e 21 en Educación Primaria, ao xeito do aplicado antes da vaga de recortes, está no centro da folga do profesorado galego deste 12 de decembro, apoiado por todos os sindicatos do sector
A protesta contra o peche do paridoiro de Verín chega ante o Parlamento e xermola a mobilización unitaria para despois do Nadal
Veciñanza de Verín e persoal do hospital comarcal mobilizarase o 17 de decembro ante o Parlamento coa vontade de que non esmoreza a reivindicación contra o peche. A venda de Povisa ou a situación da Atención Primaria estarán tamén presentes na nova mobilización que prepara SOS Sanidade
'Un violador no teu camiño' resoou na Praza do Obradoiro nunha espectacular acción colectiva do feminismo
300 mulleres replicaron a intervención do colectivo chileno 'Las Tesis', traducida ao galego e con modificacións na súa letra. Nos últimos días houbo tamén performances en Pontevedra e A Coruña e están igualmente convocadas en Vigo, Ferrol e Padrón. Falamos con Pilar Estévez (PFG)