Movementos sociais
Santiago Agrelo, o bispo galego que chegou a Tánxer votando ao PP e volve transformado polos migrantes
Agrelo retírase tras 12 anos a denunciar dende dentro da Igrexa a situación das persoas migrantes en Marrocos. "Non é o mesmo ler o Evanxeo nunha catedral que nunha 'patera', eu tengo lelo na 'patera' para sempre", explica para resumir a súa transformación persoal derivada da atención ás migracións na cidade norteafricana
O boicot ás reválidas segue a ser masivo en Galicia
CIG-Ensino cifra nun 80% o absentismo na primeira xornada neste curso das polémicas probas instauradas pola Lomce. A Xunta asume que polo menos a metade do alumnado non acudiu.
- Con vídeo #DefendeAGalega
- Movementos sociais
A protesta dos 'venres negros' na CRTVG fai un ano mentres a dirección admite que decidiu ocultala
Cadrando co primeiro aniversario das protestas de 'Defende a Galega' o director xeral da CRTVG detallou a "decisión corporativa" de obviar que lle fora concedido o premio José Couso primando a "protección da marca e da reputación" sobre "o dereito á información"
A diversidade cultural favorece un desenvolvemento sostible
Angélica Gómez
Verías un festival celebrado na Alemaña nazi?
Nuria Espasandín
Outro 17 de maio na rúa: "Máis que nunca, queremos galego"
A situación do galego é crítica, mais pode mellorar se se comeza por recoñecer o dereito a ser lingua visíbel, audíbel e practicábel sempre", reivindica a plataforma Queremos Galego dez anos despois das primeiras mobilizacións contra o recorte do galego no ensino
14 mobilizacións reclaman este 17 de maio "liberdade, igualdade e xustiza" para a lingua galega
Concentracións nunha ducia de cidades e vilas galegas denunciaran os obstáculos á utilización do galego e farán fincapé "na importancia dos servizos municipais de normalización lingüística"
A segunda deseucaliptización simultánea bota a andar cunha chamada ás persoas voluntarias
A segunda edición da iniciativa coordinada por Cousa de Raíces terá lugar o sábado 8 de xuño. As Brigadas Deseucaliptizadoras preparan xa catro accións en Ferrol, Lousame, Cenlle e Cotobade.
As demandas ecoloxistas aos partidos: O que os concellos poden facer polo medio ambiente
ADEGA vén de publicar un documento con 50 reivindicacións para as candidaturas que se prensentan ás eleccións municipais. Enerxía renovable, limitar a expansión do eucalipto, fomento da rehabilitación sobre a construción, menos residuos e máis reciclaxe, entre elas
A Xunta volve abrir expediente á mineira de Touro por un posible delito ao desviar o leito dun rego
Augas de Galicia cualifica as actuación de Explotaciones Gallegas como posible "figura delitiva" por desviar un regato sen autorización. A empresa xa foi multada en tres ocasións en medio ano pola Administración.
- Entrevista | B. Moyano e C. Jiménez #DefendeAGalega
- Movementos sociais
“Non houbo un só xesto da CRTVG por achegar posturas; igual alguén debería pensar en botarse a un lado”
Os dous profesionais dos medios públicos recolleron o Premio José Couso Liberdade de Prensa en representación de Defende A Galega e lamentan que "mentres se fala do que supostamente pasa en TV3, silénciase que persoal da TVG e da Radio Galega leva un ano de protestas".