Movementos sociais
'Redes contra a política do espolio': o documental que alerta das "agresións medioambientais" en Galicia
O filme, dirixido por Xosé Antón Bocixa, recolle testemuños sobre as consecuencias no medio ambiente de diferentes proxectos contra o que loitan colectivos na área de Compostela, Touro, Ordes ou Mesía. A proxección deste luns en Santiago dá inicio ao seu percorrido por Galicia.
- Entrevista | Carmen Avendaño
- Movementos sociais
"O narcotráfico financiaba os partidos políticos, era algo que se sabía. Nós non somos parvos"
Implicada, valente, contestataria. Carmen Avendaño non para. Nacida no barrio obreiro vigués do Calvario hai 73 anos e ligada aos movementos veciñais e sociais desde moza, cansou de ver morrer unha xeración a seu redor ante a indolencia dos poderes públicos. A piques de ser bisavoa, a súa axenda está repleta de ocasións para "crear estado de opinión e dar a alarma do que segue pasando e como evitalo".
A CRTVG sanciona outro traballador crítico coa dirección mentres o persoal redobra as protestas
Carlos Jiménez foi multado con nove días de suspensión de emprego e soldo por unha falta grave tras locutar un programa emitido pola TVG e non ter, segundo a CRTVG, concedida a compatibilidade para facelo. O persoal ve no expediente outra "represalia" contra persoal mobilizado.
Persoal da CRTVG ve noutro aviso da dirección pola vestimenta o intento de acalar os venres negros
Recursos Humanos lembra aos traballadores unha circular de 2013 sobre a súa indumentaria que impide calquera simboloxía ou mensaxe mesmo "non saíndo en pantalla". Traballadores consideran o recordatorio un intento por impedir que se luzan camisetas de #DefendeAGalega.
ADEGA ponlle nome e apelidos ás mellores e peores actuacións ambientais do ano
Paloma Fernández ( voceira da Coordenadora Anti-Encoro do Umia) e as Brigadas Deseucaliptizadoras foron sinaladas polo seu bo facer. O catedrático da USC Felipe Macías e a Dirección Xeral de Industria recibirán os Premios Dioxina ás actuacións máis nefastas
Acordo unánime no pleno da Deputación da Coruña para retirar distincións a franquistas
O pleno da Deputación da Coruña vén de aprobar por unanimidade unha declaración institucional para a retirada de honras e distincións a persoas vencelladas co levantamento militar de 1936 e ao franquismo. Como paso previo aprobouse a elaboración dun catálogo de honras, distincións e simboloxía franquista e iniciará o expediente para a eliminación da simboloxía franquista dos edificios
O renacemento do feminismo
Xesús Veiga
A convocatoria de folga na Atención Primaria que Feijóo afirmou que non existía xa é unha realidade
Representantes de CIG, CC.OO., UGT, CSIF, O'MEGA e CESM presentaron no rexistro da Xunta a convocatoria de folga xeral para os días 9,10 e 11 de abril. A Coordinadora Galega de Atención Primaria mantén como "irrenunciables” cinco grandes demandas
A espera pola RISGA varía de 22 a 157 días dunhas cidades a outras
Vigo segue a ser o lugar no que este proceso ten unha duración maior, con máis de cinco meses de media. Na Coruña e Ourense sitúase entre 2 e 3 meses e en Santiago, Lugo e Ferrol rolda os 50 días. Pontevedra é a que presenta unha menor espera, de menos dun mes.
A mobilización sanitaria na Mariña non cesa: "Nin nos rendemos nin nos resignamos"
Unhas dúas mil persoas secundan en Burela unha nova mobilización na defensa da sanidade pública, coa derrogación da reforma sanitaria entre os principais puntos da reivindicación. "Esiximos recursos humanos e materiais, que a ampliación de edificios veña acompañada da ampliación real de servizos", sinalan dende a plataforma convocante
O asasinato do pensamento
Iván Arias