Movementos sociais
Nova sanción á mineira de Touro por vertidos, a terceira en medio ano
Explotaciones Gallegas terá que pagar 30.000 euros por verter augas residuais ao río Brandelos. A asociación Aldea Viva alerta da "reiteración dos feitos e o desleixo amosado pola empresa ao non pór solución a un problema que coñece dende hai moitos anos"
Os comuneiros de Tameiga alertan sobre o desastre ambiental que suporía o centro comercial da cidade deportiva do Celta
Os comununeiros de Tameiga alertan de que hai cinco traídas comunitarias afectadas polo proxecto do centro comercial asociado á cidade deportiva do Celta en Mos: Casal- Tameiga, Baxiña, Petelos, Sanguiñeda e Pereiras, ás que se suman captacións particulares, que serven a 1.700 familias de auga "pura e limpa".
"O cambio social xa é obvio, agora é a política a que debe contar co feminismo"
Tres activistas feministas, parte do movemento Galegas 8M, fan balance da histórica xornada do pasado venres, que aseguran que "desbordou as previsións" e suporá "un punto de inflexión". "Demostrouse que non é algo puntual, a nosa mensaxe callou", din.
10 de marzo, Día da clase obreira galega
Celso Posada
- Entrevista | Nora Cortiñas Memoria antifranquista
- Movementos sociais
"En democracia a Igrexa non debería poder intervir, e menos para protexer a memoria dos xenocidas"
A histórica militante de dereitos humanos arxentina fala da situación da memoria histórica en España e da polémica pola exhumación de Franco. "É indignante ter que aturar a homenaxe permanente e pública a un xenocida", di esta activista de orixe galega.
- Crónica 8M 2019
- Movementos sociais
O feminismo galego volve desbordar noutro 8M histórico na loita pola igualdade
O movemento feminista volve sacar ducias de milleiros de persoas ás rúas de vilas e cidades galegas "por todas as mulleres, por todos os dereitos", nunha xornada marcada pola diversidade e a unidade contra o machismo
Greta Thumberg. Susto ou morte
Xabier Vázquez Pumariño
Vilalba: O 8M tamén para as mulleres con discapacidade
Pilar Fernández, unha muller que se move en cadeira de rodas, foi a gran protagonista na manifestación celebrada na vila lucense. Leva 6 anos denunciando sen éxito que unha barreira arquitectónica creada por unhas obras do Concello lle impide saír da súa casa sen axuda
Os sindicatos cualifican de "éxito" o seguimento da folga feminista
A CIG destaca que "milleiros de mulleres secundan o paro" e destaca o elevado impacto en sectores da administración pública autonómica, onde a Xunta reduce o seguimento a menos do 12%
- Entrevista | Ana Romero 8M 2019
- Movementos sociais A Coruña
"Cando as cigarreiras tiñan que defender o colectivo, eran aguerridas e estaban sempre unidas"
Este 8M a manifestación feminista da Coruña rematará non por casualidade na Praza das Cigarreiras, a carón da antiga Fábrica de Tabacos. A historiadora Ana Romero ofreceu este xoves unha conferencia sobre estas mulleres, que durante décadas constituíron a principal industria da cidade
A fenda laboral e salarial de xénero comeza nas desigualdades do fogar
"Ata que non entremos realmente na democratización real dos fogares e da vida cotiá, e nun reparto igualitario da asunción de responsabilidades, non se solucionará a fenda laboral de xénero", explica a economista Carmen Castro