Movementos sociais
Outra marcha clama pola saída de ENCE, agora pendente dos tribunais sen defensa do Estado
Dende que o Estado deixou de defender nos tribunais a prórroga de ENCE outorgada polo Goberno de Rajoy os movementos contrarios á pasteira reclaman a aplicación inmediata do novo criterio. A mobilización volveu ser 'recibida' na factoría con pancartas a prol da permanencia na ría
Defende a Galega volve esixir o cumprimento da lei de medios e tenta ampliar os marcos da reivindicación
Un ano despois do inicio das mobilizacións, a plataforma organizou un debate público sobre o futuro dos medios públicos e do xornalismo en Galicia. Trátase de que, de vez, a Galega deixe de ser a "ferramenta" ao servizo do "goberno de quenda", conclúen
Colectivos sociais rexeitan a liña de alta tensión Coristanco-Mesón do Vento, que duplicaría unha xa existente
A megaestrutura atravesaría ao longo de 40 quilómetros os concellos de Coristanco, Carballo, Tordoia, Cerceda, Ordes e Carral, para evacuar na estación das Travesas a enerxía dos parques eólicos de Campelo, Bustelo e Monte Toural. Na actualidade unha liña semellante une Vimianzo e Mesón do Vento
Centos de persoas participan na segunda deseucaliptización simultánea, que traballa en 15 montes galegos
A iniciativa botou a andar o pasado 1 de xuño e rematará o vindeiro sábado 15, pero nesta fin de semana se concentran a maior parte das actuacións, que eliminarán eucaliptos, acacias e mimosas grazas ao impulso de 25 entidades, agrupadas en Cousa de Raíces.
22 mozos e mozas en risco de exclusión amosan a súa visión do mundo en tres curtas
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acolleu a estrea das tres pezas, realizadas por rapaces e rapazas de entre 14 e 23 anos en situación de vulnerabilidade social, dentro do proxecto A Tribo, deseñado polas ONGs galegas AGARESO e IGAXES.
Un novo impulso á querela contra o franquismo desde a Arxentina para seguir o ronsel de Darío Rivas
Familiares de vítimas, asociacións e representantes políticas, entre elas Ana Miranda, reúnense en Bos Aires coa xuíza María Servini para trasladarlle o "clamor social" no Estado a prol do seu labor, ao que se engade o caso dun home falecido tras unha agresión policial na Transición
Contar con vilas inclusivas e sustentables é posible
Luísa Feijóo
Santiago Agrelo, o bispo galego que chegou a Tánxer votando ao PP e volve transformado polos migrantes
Agrelo retírase tras 12 anos a denunciar dende dentro da Igrexa a situación das persoas migrantes en Marrocos. "Non é o mesmo ler o Evanxeo nunha catedral que nunha 'patera', eu tengo lelo na 'patera' para sempre", explica para resumir a súa transformación persoal derivada da atención ás migracións na cidade norteafricana
O boicot ás reválidas segue a ser masivo en Galicia
CIG-Ensino cifra nun 80% o absentismo na primeira xornada neste curso das polémicas probas instauradas pola Lomce. A Xunta asume que polo menos a metade do alumnado non acudiu.
- Con vídeo #DefendeAGalega
- Movementos sociais
A protesta dos 'venres negros' na CRTVG fai un ano mentres a dirección admite que decidiu ocultala
Cadrando co primeiro aniversario das protestas de 'Defende a Galega' o director xeral da CRTVG detallou a "decisión corporativa" de obviar que lle fora concedido o premio José Couso primando a "protección da marca e da reputación" sobre "o dereito á información"
A diversidade cultural favorece un desenvolvemento sostible
Angélica Gómez