Condenan o Sergas pola morte dun paciente que tardou catro horas en ser atendido nas Urxencias do Hospital de Ourense
Na triaxe inicial advertiuse que o seu estado era grave, con presión arterial moi elevada e visión dobre, pero aínda que cada vez se foi poñendo peor, non foi atendido, falecendo tres días despois. A sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Ourense condena o Sergas a indemnizar con 86.366 euros á filla do doente