
A Xunta prohibe en Ourense as reunións de persoas que non convivan e suma Ortigueira e Cambados ás restricións
As restricións na cidade de Ourense pasan a ser as máis estritas para a liberdade de reunión dende a fin do confinamento ao que, advirte Sanidade, habería que recorrer se os contaxios non remiten. Galicia rexistra 206 novos casos da COVID-19 e outros dous falecementos.