
A morte do piloto dun hidroavión lembra que Ourense segue a arder
Os incendios dos que informou a Xunta dende o comezo do período de alto risco suman unhas 4.200 hectáreas ardidas, máis de 3.800 en concellos da provincia de Ourense
Os incendios dos que informou a Xunta dende o comezo do período de alto risco suman unhas 4.200 hectáreas ardidas, máis de 3.800 en concellos da provincia de Ourense
O Bloque entrega á Fiscalía ourensá a transcrición dunha intervención plenaria na que a voceira do PSdeG en Castrelo asegura que lle "ofreceron 42.000 euros" e lle falaron "dun posto na Deputación" de Ourense a cambio de desbancar o BNG do goberno municipal
A Confederación Hidrográfica afirma que as súas primeiras pescudas ven claro que os vagóns non caeron, senón que "foron empurrados de forma intencionada" ao leito do río Sil e mantén que a Axencia Galega de Emerxencias pediu "autorización para tal manobra". Vicepresidencia do Goberno galego nega que o fixese e asegura que se "limitou a poñer en contacto" á Renfe co departamento estatal responsable do río
Gravacións dos traballos de retirada do convoi de mercadorías que descarrilou en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) amosan como dous dos vagóns son guindados ao río. A empresa pública asegura estar a investigar "os detalles deste suceso" e que "se depurarán, no seu caso, responsabilidades" mentres se multiplican as peticións de explicacións de partidos políticos e colectivos ecoloxistas
Iniciouse ao mediodía do mércores e estendeuse con rapidez entre este concello e Monterrei, nunha zona que sufriu o impacto do lume moitas veces nos últimos anos. Aínda non controlado, convértese así no incendio máis grande no que levamos de verán
A Consellaría de Medio Rural deu por controlado este martes o incendio, que se converteu no máis importante dos que levamos este ano. Nos últimos días, o lume queimou 1.075 hectáreas de superficie entre Verín, Monterrei e Viana do Bolo, nunha zona da provincia de Ourense que nas últimas dúas décadas sufriu centos de lumes
O PP apela á "normalidade democrática" para desaloxar da alcaldía o Bloque, primeira forza nas eleccións municipais na vila dende 2011. A dirección do BNG ve de "enorme gravidade" a operación e pide a intervención das direccións do PP e do PSdeG, cuxa Executiva provincial afirma que non pode "facer outra cousa que expulsar" os tránsfugas "por traizón e deslealdade" ao participar nunha "compra de vontades" que atribúen a Baltar
O forte vento complica os traballos que extinción, nos que están a colaborar un gran número de traballadores, que mesmo actuaron durante a noite.
O lume declarouse a primeira hora da tarde e obrigou a mobilizar a un gran número de traballadores forestais e equipos de extinción, chegados mesmo dende fóra de Galicia.
Tras enfrontamentos directos como o do peche do paridoiro de Verín, o presidente ourensán promete agora “absoluta colaboración e cooperación institucional cun novo goberno popular”
"O que nos xogamos o 12 de xullo é que resposta imos dar á crise: ou sálvese quen poida ou non deixar a ninguén atrás, ou PP ou PSdeG", afirma o líder do PSOE e presidente do Goberno de España, e "para iso hai que votar a Gonzalo Caballero como presidente da Xunta". "Eu non me resigno ao relato da dereita; hai outra Galicia posible e unha maioría de progreso na que a referencia do cambio é o PSdeG", proclama o candidato
A vila tornou en epicentro da loita pola sanidade pública e os servizos no rural coa mobilización contra o peche da sala de partos. O centro de día municipal impulsou tamén a protesta contra a decisión da Xunta de manter pechados estes espazos ata setembro, implicando familias e Concello.