
- Entrevista | Auga limpa xa
- Movementos sociais Ourense
"A situación na Limia é insostible. As integradoras, como Coren, deben asumir os custos da xestión dos xurros"
A plataforma veciñal Auga Limpa Xa! leva un ano reclamando unha moratoria na instalación de novas explotacións gandeiras intensivas e a correcta xestión dos residuos que producen as que xa están en funcionamento. Alerta de que este modelo non xera riqueza na comarca e reclama tamén "prezos xustos" para os gandeiros