"A nosa mobilización busca a Intermodal digna que Ourense merece. A solución escollida é un desastre"
Falamos cunha representante da plataforma Tren Digno, que dende hai máis de dous anos traballa na cidade a prol dunha estación intermodal que axude a solucionar os actuais problemas de conexión entre os barrios da Ponte e o Vinteún e que xestione de forma axeitada o crecente tráfico rodado na zona.