Ourense
Cuarto nacemento en Verín desde a supresión da atención ao parto
Unha nai deu a luz a unha pequena sen a presenza dun pediatra, que chegou desde Ourense varios minutos despois do nacemento e ante a imposibilidade de poder trasladar a muller ao CHUO.
O Sergas admite que o consentimento informado dos partos será "especificamente" reforzado en Verín
Antonio Fernández-Campa, xerente do Servizo Galego de Saúde, recoñece que a Xunta cre "necesario reforzar que se fai a información ben" ás familias e impor máis requisitos que noutros hospitais tras a reapertura do paridoiro.
A Xunta imporá nos partos de Verín máis requisitos a nais e persoal sanitario que noutros hospitais
Feijóo advertiu dun "consentimento informado reforzado" que deberán asinar as familias e co que a Xunta engadirá condicións adicionais e específicas para os nacementos no hospital comarcal en canto se reabra o paridoiro.
Persoal de Verín esixe dimisións polo peche do paridoiro tras recuar a Xunta: "Ninguén pediu perdón"
Traballadores do hospital comarcal e veciñanza mobilizada piden ao Goberno galego que se desculpe por "poñer en dúbida o labor dos profesionais". Feijóo anuncia un “consentimento informado e reforzado” para permitir os partos no centro.
Feijóo procura frear a o malestar ourensán e anuncia a atención 24 horas a infartos reclamada dende hai unha década
A apertura 24 horas da hemodinámica de Lugo avivou hai un ano a demanda ourensá, que co pano de fondo do conflito de Verín será atendida dende o vindeiro febreiro, anuncia a Xunta
A morte dun cazador en San Xoán de Río eleva a 16 os falecementos en Galicia nos últimos anos
O home, de 63 anos de idade e veciño de Paderne de Allariz, recibiu un disparo accidental dun dos seus compañeiros. Únese á morte dun mozo de 21 anos en Chandrexa de Queixa en decembro e a outros 14 sucesos mortais dende o 2007.
Baltar evita silenciar o conflito de Verín e lembra: “Sempre nos opuxemos ao peche do paridoiro”
O presidente do PP ourensán emite unha nota de prensa dicindo que a reapertura é unha “magnífica noticia, tal como defendeu a Deputación”
A Xunta recúa e reabrirá o paridoiro de Verín tras dous meses de mobilización cidadá
O Sergas asegura que a próxima semana formalizará os contratos de dous pediatras e prepara “un protocolo” co que poder retomar os partos “nos primeiros días de febreiro”
O PP volve votar en contra de reabrir o paridoiro de Verín mentres Feijóo suxire que si o fará
O presidente da Xunta di ser "optimista" de cara á contratación de pediatras que permita recuperar a atención aos partos ao tempo que o seu partido vota en contra dunha proposición para "rectificar" aquela decisión que foi apoiada por toda a oposición.
O alcalde do PP da Gudiña clama por máis servizos no hospital de Verín tras o parto da súa edil no paridoiro pechado
José María Lago foi un dos rexedores que se opuxo á supresión da atención aos partos e cre que o último nacemento demostra que é "urxente" recuperar os servizos do centro verinense e mesmo amplialos.
Unha edil do PP dá a luz en Verín no terceiro parto desde que pechou o paridoiro
Unha concelleira dos populares na Gudiña ten a súa filla no hospital verinense, o terceiro nacemento desde que o Sergas suprimiu a atención aos partos entre o forte rexeitamento cidadá.