A nova xerente en Verín nega a "falta de pericia" coa que o Sergas xustificou o peche do paridoiro
"Xamais me atrevería a dicir semellante cousa", di Guillermina Agulla sobre a suposta perda de habilidade dos profesionais. A nova directora do distrito confirma a marcha atrás de Sanidade e a intención de recuperar axiña a atención aos partos.