Ourense
- Crónica Galegas 2020
- Política Ourense
Jácome, de candidato "letal" para Feijóo a socio de goberno e votante do PP
"Para Ourense sería letal ter a Jácome de alcalde", afirmaba Feijóo; nove meses despois, dende a alcaldía que obtivo por salvar a Baltar, o líder de DO anuncia voto ao PP nas eleccións galegas do 5A
A plataforma pola Intermodal de Ourense acusa a Xunta de ser "incapaz de escoitar as lexítimas demandas da cidadanía"
Tren Digno Ourense reuniuse este mércores con Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, que manifestou a súa negativa a reconsiderar o actual proxecto para a estación de autobuses. O vindeiro martes 18 está convocada unha nova manifestación, que reclamará un "Pacto de Cidade" a Xunta, ADIF e Concello
A Xunta tamén recúa no consentimento "reforzado" para os partos en Verín: "Entendeuse mal"
O conselleiro Vázquez Almuíña di que non haberá permiso "asinado de forma adicional" no hospital comarcal tras advertir o Sergas de que se aplicaría alí "especificamente" e dicir Feijóo que implicaba a "autorización" das familias e a asunción de responsabilidades dos xinecólogos.
Europa olla a Viana do Bolo pola "alta pureza" do coltán obtido na súa mina de estaño
Un novo procedemento do CSIC mellora a calidade do niobio e o tántalo, dous dos materiais máis valorados pola industria tecnolóxica, extraídos na parroquia de Penouta, na única explotación europea destes cobizados metais.
Dúas mulleres dan a luz en Verín tras reabrir o paridoiro sen o consentimento "reforzado" que esixía a Xunta
Dous pequenos nacen no hospital comarcal tras a recuperación da sala de partos, atendidos pola nova pediatra contratada polo Sergas e sen permiso específico ningún das familias, malia o anuncio do Sergas.
O paridoiro de Verín reabre pendente de "captar outro pediatra" para completar o servizo
Tras meses de peche e protestas, o hospital recupera a atención aos partos tras cubrir o Sergas unha das dúas prazas convocadas. O xefe de Xinecoloxía amosa a súa "satisfacción" pero acusa a Xunta de colocarlle "un estigma" aos profesionais: "Fixéronnos moito dano".
"O proxecto proposto para a Intermodal non achega solucións para unir o barrios nin para xestionar o tráfico"
O presidente da delegación ourensá do COAG expón os criterios técnicos que levan aos expertos a desaconsellar a localización proposta para a nova estación de Ourense. Rafael Castro pide que a xente "tome conciencia do problema" e "saia á rúa e proteste polo que esta cidade merece"
Baltar celebra o décimo aniversario da sucesión do seu pai, primeira derrota de Feijóo
O presidente do PP ourensán lembra a súa vitoria hai unha década nun congreso provincial celebrado ao tempo que o proxenitor enchufaba 104 persoas na Deputación, polo que foi condenado en 2014
Feijóo ratifica a reapertura do paridoiro de Verín en febreiro e implica agora tamén no peche ao bipartito
O presidente da Xunta anuncia que o hospital comarcal recuperará a atención aos partos a vindeira semana, xusto dous meses despois de que a Xunta suprimise ese servizo e as urxencias pediátricas.
"Está en xogo o futuro de Ourense, estamos a tempo de facer as cousas ben coa Intermodal"
Varios centos de persoas manifestáronse este martes convocadas pola plataforma Tren Digno Ourense, rexeitando a solución escollida para a construción da estación intermodal. Anúncianse novas mobilizacións e pídenlles a Concello, Xunta e Fomento que escoiten "o criterio técnico"
"A nosa mobilización busca a Intermodal digna que Ourense merece. A solución escollida é un desastre"
Falamos cunha representante da plataforma Tren Digno, que dende hai máis de dous anos traballa na cidade a prol dunha estación intermodal que axude a solucionar os actuais problemas de conexión entre os barrios da Ponte e o Vinteún e que xestione de forma axeitada o crecente tráfico rodado na zona.