Política
Rueda dá por "pechado" o debate ambiental e social sobre Altri: "O importante non é unha pancarta"
O presidente da Xunta di que a cuestión medioambiental sobre a planta está cerrada "por moito que lle pese" á oposición. Pontón advirte do perigo de "converter Galicia nun grande eucaliptal" e Besteiro aclaro que "se do PSdeG dependese" a empresa levaría "cero euros de cartos públicos".
A UE vive unha crise existencial
Roberto Laxe
- Datos Dereito á vivenda
- Política
Cinco vivendas protexidas rematadas en 2024 en Galicia evidencian o lastre dunha década de parálise
A Xunta ten en diferentes fases de tramitación algo máis de 2.000 pisos de promoción pública tras unha década na que tanto a vivenda promovida polo Goberno galego como a protexida en xeral quedaron reducidas á mínima expresión. Os datos do Ministerio de Vivenda reflicten media decena de vivendas protexidas rematadas durante o ano pasado: 0,18 por cada cen mil habitantes fronte ás 29 da media estatal
A Xunta esgrime as bandeiras azuis de praias próximas a Ence para defender que Altri será inocua
A conselleira de Medio Ambiente mantén que "non vai haber afección á auga nin á terra" e que a "sostibilidade" de Altri vai ser "total e absoluta". Matiza, asemade, que "ninguén bebe auga do río directamente" porque "ten que pasar" por unha depuradora
O PPdeG despreza a protesta contra Altri: "Alboroto da esquerda contra o futuro de Galicia"
Paula Prado, secretaria xeral dos populares, cre que manifestacións como a da Pobra "opóñense á posibilidade de ofrecer oportunidades de emprego á mocidade galega e fixar poboación no rural" e acusa a BNG e PSdeG de "estar sempre a favor" do proxecto e "cambiar de opinión por vinganza tras as eleccións autonómicas".
- Reportaxe Memoria antifranquista
- Política
75 anos da morte de Casares Quiroga: o mito republicano que "ninguén reivindica"
O político coruñés, varias veces ministro e presidente do Goberno na Segunda República, faleceu exiliado en París en 1950, só días despois de Castelao en Bos Aires. As homenaxes unánimes de institucións e partidos ao líder rianxeiro contrastan co silencio que rodea a figura dun "referente do republicanismo en Galicia e no Estado". Os historiadores Emilio Grandío e Pilar Mera afondan na súa figura e nos porqués deste esquecemento. "Foi un chibo expiatorio", coinciden.
Unha masiva protesta contra Altri desborda A Pobra por mar e terra
Milleiros de persoas e 600 embarcacións colapsan a vila nunha mobilización histórica contra o proxecto de Palas de Rei e a mina de Touro. "Altri ten licenza administrativa pero non ten licenza social", advirten os convocantes. Pontón pide á Xunta que "rectifique" e Besteiro denuncia unha "gran mentira", mentres o Goberno galego reduce a manifestación a "comunismo do século XXI".
O Supremo avala eólicos nos que o TSXG ve fragmentación ilegal
O TS fixa doutrina sentenciando que "o feito de que dúas ou máis" instalacións eólicas "compartan instalacións de conexión" non implica "ineludiblemente" que teñan que ser avaliadas ambientalmente como un único parque. As sentenzas, que aínda non son públicas, consideran o ditame do alto tribunal galego "non axustado a Dereito" e declaran legal a autorización da Xunta ao parque eólico Campelo, en Coristanco e Santa Comba
Europa, nación de nacións: a hora do exército único
Juan Carlos Piñeiro
Bruxelas empeza a deseñar un Plan de Vivenda sen ambición para limitar os prezos do alugueiro na UE
Haberá un Plan de Vivenda Accesible e unha Estratexia para a Construción de Casas apoiadas nunha Plataforma Paneuropea de Investimento. A idea da Comisión Europea pasa por ofrecer recomendacións aos Estados membros sen introducir novas regulacións con medidas obrigatorias nin propostas para limitar os prezos dos alugueiros. A Comisión si confirma que na estratexia "os fondos e o financiamento serán a clave"
Altri, unha encrucillada europea