Política
O socialista Tomé, reelixido presidente da Deputación de Lugo co foco en máis "emprego e servizos" para os concellos rurais
A nova maioría absoluta que suman PSdeG e BNG sustenta un goberno da esquerda na institución lucense por quinto mandato consecutivo. "Podemos dar as voltas que queiramos, pero a única fórmula de afrontar o despoboamento é con máis e mellores servizos e emprego", di Tomé, que no novo mandato terá como vicepresidente a Efrén Castro, do BNG
A CRTVG propón un único debate electoral ás 10 da mañá na campaña das eleccións xerais
O plan de cobertura da Corporación para o 23X inclúe este único debate nun horario que xa foi criticado por todas as formacións, agás o PP, en anteriores comicios.
PP e Vox pactan en varias autonomías a desprotección da lingua propia que Feijóo aplicou xa en Galicia
Os acordos de populares e ultradereita na Comunitat Valenciana e nas Illes Balears garanten a "libre elección" do idioma de ensino para acabar coa "imposición", principio sobre o que xirou a campaña e a política lingüística do agora líder do PP ao chegar á Xunta.
Feijóo cuestiona as garantías da lei de eutanasia que el mesmo aprobou na Xunta e mestúraa coa sedación paliativa
En xullo de 2021, con atraso e sen facelo público, o Consello da Xunta presidido polo agora líder do PP aprobou a creación da Comisión de Avaliación e Garantías do Sergas que, como manda a lei, avalía as solicitudes de eutanasia. O ex-presidente tamén cuestiona a lei porque "se cadra, a persoa toma a decisión e, dentro dunha semana, toma outra e é irreversible", aínda que a norma fixa a obriga de solicitar o dereito dúas veces separadas entre si por non menos de quince días
- Crónica #DefendeAGalega
- Política
A CRTVG sofre para convencer a xuíza de que non traslada persoal por represalias un ano despois da primeira condena
A Corporación encara varias posibles condenas por vulnerar dereitos fundamentais tras o primeiro dos varios xuízos por demandas de profesionais críticos que foron trasladados do seu posto habitual, decisión que a dirección atribúe a razóns organizativas
- 📺
- Política
Rueda culpa o BNG, a Zapatero e a Sánchez de que o Goberno do PP non lograse competencias en 14 anos
Ana Pontón reprocha ao presidente da Xunta que o PP lograse "cero competencias" tras case década e media gobernando tras considerar "escaso balance" que o Goberno de PSdeG e BNG obtivese 14. "O balance é cero, pero non será porque non o pediu a Xunta", retruca o presidente, que centra a responsabilidade nos gobernos do PSOE no Estado e en que o Bloque, di non "conseguiu sacarlle nada" a Pedro Sánchez
O Goberno de España aproba tres novos permisos para a conciliación que decaeran polo adianto electoral
Inclúe un permiso de coidado de cinco días ao ano, outro "por causa de forza maior" para os pais e outro parental de oito semanas. O Executivo central prorroga a rebaixa do IVE de alimentos e as axudas ao transporte público.
O PP simula que existen datos ocultos do paro como xa fixera en Galicia contra o Goberno de PSdeG e BNG
O cabeza de lista do PP pola Coruña e outros cargos esgrimen datos de Eurostat sobre oferta e demanda de emprego para acusar o Goberno de España de "manipular as cifras do paro" malia non reflectir tal. Como secretario xeral do PPdeG e xefe da campaña de Feijóo en 2009, Rueda esixiu a publicación do "indicador de paro adiantado", que non existe, para acusar a PSdeG e BNG de pretenderen ocultar as cifras de paro rexistrado antes das eleccións
A empresa que xestiona os helicópteros de salvamento da Xunta, única candidata a seguir sen baixar un céntimo os 45 millóns do contrato
Avincis, herdeira de Babcock e Inaer, que controla o sector, presenta a única oferta, sen ningún tipo de rebaixa, no concurso para os próximos catro anos, no que o Goberno galego esixiu renovar os aparellos e que axuden na loita contra os incendios forestais
- Crónica Municipais 28M
- Política
Galicia, á marxe das 'despeonalizacións' das dereitas nas cidades tras as municipais
O novo mandato municipal comezou en múltiples puntos do Estado coa dereita inaugurando novas alcaldías co peche de espazos ao tránsito peonil e reducións e supresións de carril bici. Galicia quedou á marxe dese 'tsunami' do PP con Vox e das súas consecuencias neste eido e gobernos coma os da Coruña, Lugo, Pontevedra ou Santiago avanzan novos avances en peonalizacións e uso da bicicleta
Baltar reaparece para advertir de que "non marcha" tras afirmar Rueda que tamén deixará o liderado do PP de Ourense
Despois de que Rueda dese por feita a súa marcha do liderado provincial do PP, o presidente da Deputación de Ourense en funcións advirte de tomará a decisión "cando se convoque o congreso" sobre se manterse ou non nunha función no partido que o "apaixona". "Non marcho, eh! Ou sexa que cuidadito", resume o dirixente ourensán en declaracións a 'La Región'