As críticas ao canon de Sogama destapan os excesos verbais do seu presidente
Luís Lamas carga contra os alcaldes críticos en público, pero incrementa a dureza das verbas contra a oposición nas redes sociais, onde acusa a Besteiro de "colocar ben os seus amigos" e "traballar o xusto" ou a Santín e Orozco de ser unha "congregación de bernardos".