Baltar será xulgado o 13 de xaneiro por delito contra a seguridade viaria
O xuízo no Tribunal Supremo incluirá un interrogatorio do ex-presidente ourensán e a comparecencia de dez axentes da Garda Civil
O xuízo no Tribunal Supremo incluirá un interrogatorio do ex-presidente ourensán e a comparecencia de dez axentes da Garda Civil
A influencia do novo presidente da Federación Española de Fútbol sobre os alcaldes do PP de Pontevedra foi clave para que o ex-titular da Xunta e actual líder do PP se impuxese a Cuíña na sucesión de Fraga. O antigo protexido de 'Nené' Barral deixou de ser presidente da Deputación de Pontevedra cando o PP a perdeu en 2015. Xa daquela apuntaba a un futuro na presidencia da RFEF na que agora estará catro anos se non o impide o Tribunal Supremo, que ten que resolver sobre a súa condena por prevaricación
A Comisión Europea avanza a unha seguinte fase no procedemento de infracción aberto en febreiro de 2023 e advirte da súa remisión ao Tribunal de Xustiza da UE se España non corrixe as súas actuacións
"Muface non é unha opción", pero si o é elixir sanidade pública ou privada, subliña a CIG nun informe que revela as cifras actuais en Galicia da mutua do funcionariado en pleno debate sobre a súa continuidade: case o 60% do profesorado do ensino público galego acode á sanidade pública e a cifra sobe ao 85% entre docentes incorporados nos últimos catro anos. A primacía da privada chega ao 70% entre o persoal funcionario xubilado e dispárase a un 90% entre os policías en activo
O tribunal considera "razoable" a decisión da Xunta ante o risco para as persoas e avala que a empresa tampouco recibise axudas por entrar en concurso, que o Goberno galego atribúe á súa falta de previsión sobre o que podía ocorrer
Amalia Bóveda relata a emoción vivida no acto que oficializou a nulidade do xuízo simulado polos golpistas para asasinaren o seu pai. O agradecemento mestúrase pola mágoa "porque a miña nai, que o desexaba tanto, non puido chegar a velo". A filla do mártir do galeguismo recolleu o certificado de reparación da súa memoria portando a pulseira coa que agasallou a Amalia Álvarez para pedirlle casar. "Agarreina todo o tempo" e así, dalgún xeito, "estiveron os dous recollendo" o ansiado documento
O persoal médico seguirá sen ter que estar presente as 24 horas nas residencias, que deberán contar con dous profesionais de enfermería por cada 100 persoas usuarias no nivel inferior de dependencia e tres para os dous máis elevados. O rateo xeral de persoal de atención directa continuará no fixado en 1996: 0,20 por persoa residente "con autonomía" e 0,35 en módulos de dependentes, ambos por baixo do estipulado no novo modelo estatal de residencias
Tras trinta e dúas xornadas de mobilización con paros en diferentes formatos, este 13 de decembro o persoal mobilizado na CRTVG culminou a súa folga. Fíxoo cun paro de vinte e catro horas que volveu lograr frear a programación da Televisión de Galicia e da Radio Galega. Tras o paro deste venres, a folga "entra en suspensión á espera de que transcendan os plans da dirección sobre a programación e a produción propia para a volta de xaneiro"
O TSXG rexeita un recurso da empresa de Raúl López para frear o expediente sancionador e lémbralle que Competencia da Xunta o tivo que abrir por orde xudicial ao "existir indicios racionais da comisión da infracción denunciada". A sentenza resalta que o proceso, que atinxe a unha vintena de firmas dos grupos Monbus e Alsa, pode rematar coa compañía "indemne", pero tamén coa imposición dunha multa e prohibición de optar a contratos públicos