Política
A devolución dos 22 millóns para escolas evidencia o plan da Xunta de estender a gratuidade pola privada
Fronte ás 3.417 previstas, os fondos europeos si utilizados darán lugar a arredor dun milleiro de novas prazas públicas en escolas infantís, a maioría a través dos concellos. O Goberno galego sustenta a devolución en que Galicia xa "supera a barreira do 60%" de escolarización de 0 a 3 anos, mais tamén en que non lle permitiron dedicalos a financiar prazas "tanto públicas como privadas" do seu modelo de gratuidade, que para a oposición pasa por "engordar o sector privado"
Unha reflexión sobre a crise de lexitimidade e o avance do neofascismo
Henrique del Bosque Zapata
O Goberno de España anula a sentenza simulada polos golpistas para asasinar a Alexandre Bóveda
Amalia Bóveda, filla do líder galeguista, recolle de mans de Pedro Sánchez o documento que acredita a súa reparación oficial ao abeiro da Lei de Memoria Democrática nun acto que tamén homenaxeou o monfortino Francisco Javier Elola, fiscal do Estado e maxistrado na II República asasinado polos franquistas, e mais ao ex-militar e historiador Xosé Fortes, encarcerado nos 70 por impulsar a Unión Militar Democrática. O presidente do Executivo central avanza un amplo programa de actos para conmemorar os 50 anos da fin da ditadura durante 2025
Fin ao preito histórico por Bonaval: o templo é da Igrexa, o Panteón é de Galicia
No marco do amplo acordo para xestionar o Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, xa avalado por lei, o Concello de Santiago cancela o rexistro que puña ao seu nome todo o recinto de Bonaval e realizará un novo especificando que o Arcebispado é titular da igrexa, a capela do Rosario e a súa contorna
- 📺
- Política
O BNG recorre no Constitucional os "vetos do PP á comisión que investiga os seus chanchullos"
O Bloque pide ao TC anular as "decisións autoritarias" dos populares que impediron comparecencias como a de Feijóo ou achegar diversa documentación de contratos da Xunta, caso das contratacións menores con Eulen
Plurinacionalidade confederal ou Estado-Nación
Xoán Antón Pérez-Lema
Da COTOP á CRTVG: marcas públicas que marchan tras facer país
Nos anos 80 canda a autonomía naceu unha simboloxía composta por identidades corporativas ligadas ao autogoberno. Algunhas viraron moi populares, caso da CRTVG, que semella encarar a súa recta final. Coa axuda da doutora en Publicidade pola UVigo Mónica Valderrama analizamos as claves da "adaptación aos tempos" en marcas que, como a dos medios públicos, van alén do comercial e implican "sentimento de pertenza"
O Estado evidencia que foi incapaz de previr o accidente de Angrois e lánzase contra o maquinista para exculparse
A Avogacía do Estado recorre a "desalentadora" sentenza de Angrois argumentando para exonerar o ex-xefe do Adif que o accidente se debeu só a unha "neglixencia gravísima" do maquinista de tal magnitude que "ninguén podía imaxinala"
O Estado achégase por primeira vez ao financiamento da dependencia en Galicia que lle marca a lei
A lei de dependencia fixa que o Estado debe asumir o 50% do custo das prestacións canda ás autonomías, pero nunca sucedeu. No último ano completo en Galicia superou por primeira vez o 40%. Ao abeiro do plan de choque iniciado en 2020, a achega estatal pasou de 95 a 209 millóns ao ano, subliña o ministro Pablo Bustinduy tras reunirse coa conselleira Fabiola García, que mantén que en 2024 a Xunta asumirá o 70%. Rueda insta a Pontón a que o BNG esixa máis fondos ao Estado e a líder da oposición lembra que xa o fixo
A Xunta devolverá ao Estado 22 millóns de fondos europeos para novas prazas de escolas infantís
Política Social comunica ao Ministerio de Educación que prevé reintegrar máis do 60% dos 34,9 milóns que recibiu para crear ata 3.417 novas prazas de educación infantil de 0 a 3 anos. O PSdeG observa neste reintegro unha "unha mostra máis da incapacidade do PP para xestionar os fondos europeos" e mais tamén "da súa aposta por un modelo que beneficia intereses privados por riba do público"
O hospital de Ourense acumula a maior lista de espera de Galicia para consultas e cirurxías
A Consellería de Sanidade publica a 5 de decembro os datos sobre as listas de espera no Sergas que se corresponden cunha foto fixa do mes de xuño. Confirma así os 72 días que de media ten que esperar unha persoa en Galicia para unha operación e os 71,6 días que hai que agardar de media por unha cita para unha consulta médica nos hospitais do Sergas.