Política
Rescatar a AP-9 custaría 904 millóns e aforraría 953: os resultados do estudo encargado polo BNG
O Goberno de España, con Rajoy e na actualidade, cifrara en arredor e 4.000 millóns o rescate e un informe contratado pola Xunta situouno recentemente na contorna dos 2.000. O traballo para o Bloque subliña que non cumpriría compensar a Audasa con indemnización ningunha polo que deixaría de gañar ao estar beneficiándose dun contrato "ilegal" pola prórroga de Aznar ata 2048, en liña do sostido pola Comisión Europea
Monbus quéixase de que Renfe lle rouba viaxeiros e ao tempo que enche de máis os seus buses
A empresa que hai uns meses apelaba a "protexer" a fidelidade dos seus viaxeiros para que non marchasen aos trens gratuítos lamenta agora unha "avalancha" de pasaxeiros porque non hai prazas no ferrocarril
A crise migratoria en Canarias libra a Rueda de dar explicacións no Congreso sobre os contratos da pandemia
A comisión de investigación creada en abril e na que tiñan que comparecer outros catro conselleiros de Feijóo vai ser pechada en falso como represalia de Coalición Canaria polo que consideran desatención de Sánchez ás illas
"Máxima tensión" nunha CRTVG con persoal a camiñar cara á folga indefinida
O comité intercentros dos medios públicos lanza un calendario de paros contra a "entrega da produción a mans privadas". A representación do persoal pon o foco no novo programa 'O termómetro', substituto do histórico 'A revista', unha coprodución con empresas privadas "no que a participación do persoal da CRTVG se limita á parte técnica"
Rueda recupera os retiros monacais de Fraga... nun hotel de luxo aberto con polémicas axudas da Xunta
O presidente cita o seu Goberno toda esta fin de semana no Palacio de Sober, edificio vendido hai dúas décadas pola familia da ex-alcaldesa e deputada popular Raquel Arias no que se fixo con fondos públicos un hotel de 5 estrelas que quebrou e hoxe é de 4
O PP impide levantar as restricións ao galego no Senado
Os populares frean a reforma impulsada por formacións soberanistas para equiparar ao castelán o rango das demais linguas oficiais, ao xeito do que xa sucede no Congreso. Acusa os grupos autores da proposta de "buscar reducir a identidade española" e cualifica o galego, éuscaro ou catalán como "segundas linguas"
Sanidade aplaude que desta volta só marche o 20% do persoal médico de familia formado no Sergas
Paliar a escaseza de persoal médico é un obxectivo necesariamente de medio prazo con tres fitos clave: as prazas MIR ofertadas, as que chegan a cubrirse e o persoal que fica no sistema público cando remata a formación. O conselleiro de Sanidade resalta que 101 de 120 profesionais que veñen de rematar a residencia en Primaria "continuarán vinculados ao Sergas", non necesariamente todos nos centros de saúde
Contas revela que a Xunta fixo obras no Camiño de Santiago sen diagnóstico previo nin avaliación do resultado
O Plan Director para o Xacobeo 2021 anunciado por Feijóo en 2015 con 56 millóns non fixo diagnóstico da situación previa, os seus resultados non foron avaliados correctamente e só executou o 62% dos fondos europeos previstos
A RAG insta a Xunta a acatar as recomendacións do Consello de Europa para o galego no ensino e na sanidade
O informe incluía catro recomendacións de acción inmediata, entre elas a "eliminación das limitacións" que "impiden que o galego poida usarse" nas materias escolares de ciencias. "As autoridades galegas deberían tomar boa nota do informe do Consello de Europa, que sinala vías moi acaídas cara a unha política lingüística eficaz, imprescindible para garantir o porvir do noso idioma”, di Henrique Monteagudo
- Crónica
- Política
Feijóo, Sánchez ou o independentismo catalán: o Parlamento de Galicia debate quen é o xefe de Rueda, Besteiro e Pontón
O presidente di que se a economía galega vai "razoablemente ben" é porque ten "un goberno unido, con rigor"
O Conector central de Compostela: o plan para que os coches deixen de monopolizar a arteria da cidade
Este luns o Goberno local de Santiago presentou o concurso de propostas para a humanización dun quilómetro e medio de rúas entre o Campo da Estrela e Basquiños, que conta co apoio do Colexio de Arquitectos de Galicia. Só poderán circular por el o transporte público, residentes, vehículos de emerxencias e os coches que se dirixan a un aparcamento público.