Revogada a autorización de verteduras da mina de San Finx tras meses de incumprimentos por parte da empresa
Augas de Galicia constata que as súas inspeccións detectaron verteduras contaminantes "superiores aos límites autorizados"
Augas de Galicia constata que as súas inspeccións detectaron verteduras contaminantes "superiores aos límites autorizados"
No debate de investidura Rueda anunciou a creación dunha "oficina económica" dependente da Presidencia chamada a "coordinar" proxectos empresariais e "axilizar a xestión dos fondos europeos". A actual Oficina Económica de Galicia existe dende o pasado 1 de xaneiro, cando entrou en vigor a reforma que concentrou nela as competencias das anteriores 'Oficina Doing Business Galicia' e 'Unidade Galicia Emprende', creadas polas sucesivas leis de Feijóo presentadas como vías para atraer investimentos
Pontón cualifica o proxecto de "bomba ambiental" e Besteiro di que "ía ser o gran proxecto verde do PP e o que sabemos é que o PP está moi verde"
Sen abandonar o ton de campaña contra BNG e PSdeG, o líder popular culmina a súa investidura afirmando que agora "toca remar todos xuntos". Asegura que vai gobernar "con humildade, con firmeza e por Galicia" mentres Pontón e Besteiro se brindan a acordos para "defender" o país
A líder do Bloque pide a Rueda non "desprezar a man tendida" dun grupo parlamentario que procurará "política de luces longas, "lonxe da crispación que o PP está instalando na vida pública"
"Vostede ten os votos necesarios para ser un lexítimo presidente, pero non atopamos a ambición de país que é imprescindible para ser un bo presidente", dixo o socialista
O consistorio ferrolán pasa a redactar os contratos "exclusivamente en lingua española" aludindo motivos de "axilidade", segundo unha instrución interna que entra en vigor este 11 de abril
Na vila hai 23 embarcacións pesqueiras en precario e a Xunta quere crear 24 prazas para elas pero engadindo 170 deportivas e gañando ao mar 6.000 metros cadrados nos que incluír 65 prazas de aparcamento, ademais dun dique de 283 metros
O Congreso aproba por ampla maioría absoluta o primeiro trámite da iniciativa lexislativa popular para regularizar a situación administrativa de arredor de medio millón de persoas migrantes. As entidades promotoras da regularización, dende entidades que traballan con migrantes a organizacións feministas ou a Igrexa, deféndena pola situación de "vulnerabilidade e desprotección" das persoas en situación irregular, pero tamén destacan os beneficios que obtería o Estado
Representantes do persoal dos medios públicos galegos sinalaron na Comisión de Peticións do Parlamento europeo que “a manipulación informativa é unha constante” na TVG e na Radio Galega. A súa denuncia non prosperou polos votos en contra de PP e Vox. Os 'populares' empregaron referencias á etapa do bipartito de PSdeG e BNG na Xunta, rematada hai 15 anos, para intentar restar valor as acusacións dos profesionais da CRTVG
Pontón ve a Rueda instalado no "día da marmota", sen ningún "proxecto de país" e "confundindo a realidade coa visión idílica que constrúe a TVG". Besteiro lamenta que o líder popular bosquexe unha lexislatura baseada no "ataque constante ao Goberno de España" e pon o foco en que "evitase deliberadamente" falar da transferencia das competencias pendentes
Nun discurso con máis ton de trámite que de paixón, o candidato do PP anuncia traslados de competencias de solo industrial, enerxía ou emigración entre consellerías e, en clave de confrontación co Goberno de España, a creación dunha dirección "de asuntos constitucionais". No inicio da investidura reitera promesas xa lanzadas en campaña como a gratuidade de matrículas universitarias para "alumnos que se esforcen e superen as materias" ou novas rebaixas de impostos ás herdanzas