- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Rueda, investidura e "un pouco de paciencia"
Nas semanas previas á convocatoria electoral os partidos manexaban enquisas segundo as cales o conselleiro máis coñecido era descoñecido para medio país e que a maioría do Consello da Xunta eran persoas ignotas para arredor do 70% da poboación. Nos anos de Feijóo Xunta e PP esforzáronse por potenciar un único nome, o do presidente, nun Goberno cuxa "estrutura" di Rueda que agora si vai mudar tras a investidura que principia este martes. Nomes coma os de Valentín García ou José López Campos soan para entrar nun gabinete do que só é seguro que sae Ethel Vázquez