Rueda acusa a BNG e PSdeG de "catastrofistas" e "esaxerados" e nega eivas no ensino ou na sanidade
O presidente da Xunta critica o "tremendismo" da oposición, que acusa a Xunta de seguir "de brazos cruzados" ante a crise de prezos.
O presidente da Xunta critica o "tremendismo" da oposición, que acusa a Xunta de seguir "de brazos cruzados" ante a crise de prezos.
O Goberno galego reduce a condena á Corporación Radio Televisión de Galicia por represaliar un traballador crítico a "un tema estritamente laboral" e cre "insostible", á "vista dos datos obxectivos", afirmar que existen unha "política de represalias" nos medios públicos. No Parlamento, unha iniciativa do BNG apoiada polo PSdeG reclama a reprobación e a remuda do director xeral, que continúa no posto por tempo indefinido
A reforma do plan urbanístico, aprobada por ampla maioría absoluta e a única oposición do PP, fixa requisitos como restrinxir as vivendas turísticas a baixos e primeiros andares. Trátase, defende o goberno local, de procurar que a cidade non vire en "mero destino para visitar" sen ser "lugar para vivir"
O Goberno galego ten sen tramitar 809 das 1.036 solicitudes de documentación formuladas pola oposición, a gran maioría (792) fóra do prazo regulamentario de 30 días para responder. Entre as non atendidas destacan, entres outras, as relativas aos proxectos avalados pola Xunta para optar a fondos europeos ou aos datos de mortes de persoas coa COVID-19 en residencias. O PP leva tramitadas 4 e 3 xa tiveron resposta
Tras as críticas do ministro Bolaños na Coruña contra o agora líder do PP, na liña iniciada por Pedro Sánchez no Senado, os populares instan o PSOE a "sacar as súas sucias mans da xestión dos gobernos de Feijóo" e acúsanos de "burlarse" da "intelixencia dos galegos", que "non son parvos"
Principia unha intensa xeira electoral na quea actual oposición galega non desbota que os populares tenten xogar a baza dun Feijóo 'candidato a todo' ante o menor potencial de Rueda. Nas contornas das direccións de BNG e PSdeG dan por descontado que o PP medrará nas municipais a respecto do seu mal resultado de 2019. Pero iso, analizan, non debera ser dabondo para perderen e mesmo ampliaren a súa presenza en gobernos locais e provinciais, o cal ven clave para poder retornar ao Goberno galego
O BNG pide ao Goberno galego que inclúa nos orzamentos de 2023 un “verdadeiro” plan de resposta ante a crise de prezos e contrapuxo as propostas nacionalistas, que inclúen un plan de medidas que mobiliza 1.000 millóns de euros.
O secretario de organización, José Manuel Lage, participou nunha homenaxe a Ceferino Díaz en Foz, onde denunciou “a brutalidade dos recortes” de profesorado cos que comenzou o novo curso.
Un documental con dirixentes históricos como Xosé Manuel Beiras, Francisco Rodríguez, María do Carmo García Negro, Encarna Otero ou Lois Diéguez percorrerá a historia da formación nun programa que culminará cun acto político no escenario da súa asemblea fundacional, o frontón de Riazor
Os titulares disporán de seguros gratuítos, recibirán asistencia xurídica e poderán acceder a axudas públicas para acometer reformas. En 2016 o Goberno galego puxo en marcha un programa semellante que só puidera mobilizar un número moi reducido de inmobles, apenas unha vintena
O concerto da banda británica en Vigo convértese no patrocinio máis cuantioso no que vai de Xacobeo mediante un contrato que incluíu 475 "convites sen custo" para a Xunta. Ata agora tamén contan con patrocinios do Xacobeo superiores ao medio millón O Son do Camiño, o ciclo de 'Concertos imperdibles', o OUR Xacobeo Fest ou o Festival Latitudes, entre outros
A eurodeputada do BNG tomou posesión esta semana da súa acta, que ostentará en Bruxelas ata o remate da lexislatura na primavera de 2024.