Lugo supera por primeira vez as cen mil persoas empadroadas
A capital lucense chega a 100.060 habitantes, superando en algo máis de 1.800 o dato oficial de 2023. A alcaldesa Alvarellos aplaude un "fito" que ve alén do estritamente demográfico e identifica cun "éxito das políticas" das "forzas progresistas que formamos o goberno local". Arroxo, tenente da Alcaldía, encádrao no obxectivo de "facer de Lugo un lugar mellor para vivir"