Sánchez defende a amnistía para manter o "muro" fronte ás "forzas reaccionarias"
O líder do PSOE avoga pola súa investidura advertindo da alternativa que suporían as "dereitas retrógradas" de PP e Vox e pola amnistía para "consolidar os avances logrados". Di apostar polo "diálogo e o perdón" fronte á "receita" dos populares que "conduciu ao desastre en Catalunya".