- Crónica Xerais 23X
- Política
"Todos os galegos que coñezo son moi valentes"
"Todos os galegos que coñezo, todos, son moi valentes. Menos Mariano Rajoy, que non quere debater comigo!", clamara Zapatero na Coruña en 2004, na campaña tras a que foi presidente por primeira vez. Case dúas décadas despois daqueles acontecementos, o expresidente socialista é, inopinadamente, un personaxe clave da non menos inesperada campaña das eleccións xerais do 23 de xullo. Afirma que unha frase de Feijóo sobre ETA o "motivou extraordinariamente" para implicarse a prol da reelección de Pedro Sánchez