Día 10 | A campaña máis mariñeira, un manifesto en apoio de Sánchez e apelacións a "concentrar o voto"
BNG e PSdeG celebraron os seus principais actos en localidades litorais, aproveitando a Festa do Carme. Destacados militantes socialistas difundiron un texto en defensa do presidente do Goberno ante os ataques recibidos pola dereita. O PP chama á "unidade do voto" de dereitas e Sumar presentou as súas medidas en materia de vivenda