Política
Besteiro sinala o "varado" Porto Seco de Monforte como mostra do "desprezo de Feijóo e Rueda á Galicia interior"
"O Goberno de Pedro Sánchez puxo a provincia de Lugo no mapa das infraestruturas, de onde o borrara o PP", mantén o cabeza de lista do PSdeG lucense ao Congreso en encontros con varias empresas de Monforte
A Xunta volve desaparecer do Día Nacional de Galicia
O Goberno galego volve celebrar o 24 de xullo a entrega das Medallas de Galicia, que este ano recibirán Juan Pardo, Luz Casal e Carlos Núñez. Rueda avanza que non vai asistir ao novo acto do Concello de Santiago polo Día Nacional porque "vai coincidir cos actos do Apóstolo" aínda que o goberno local xa manifestou que non o fará e asegura que o "acto central e principal" da "festa de Galicia" é a ofrenda da Casa Real ao Apóstolo, malia ser anterior e allea ao autogoberno galego
Seis inmobles en dous concellos, únicas incorporacións en dous anos á web da Xunta para repoboar aldeas abandonadas
O Goberno galego tardou dous anos en activar a plataforma informática que comprometeu por lei en 2019, gabouna como unha “ferramenta novidosa” para “loitar contra a despoboación” e outros dous anos máis tarde só suma catro aldeas
Feijóo alimenta as teorías da fraude no voto por correo na fin do prazo para solicitalo
"Pídolles a eses carteiros, con independencia dos seus xefes, que repartan todos os votos antes de que venza o prazo para que os españois poidamos votar", proclamou o ex-presidente e candidato do PP nun mitin xunto a Aznar, en cuxo Goberno foi presidente de Correos. A empresa pública defende a "profesionalidade" do seu persoal, pide quedar á "marxe de debates que pretenden socavar as institucións" e garante a normalidade do proceso. O prazo para remitir o voto postal finaliza o día 20
Ana Pastor promete o traspaso da AP-9 tras frealo como ministra e avalar o seu veto irregular como presidenta do Congreso
Pastor alegou como titular de Fomento que transferir a AP-9 a Galicia era ilegal e na presidencia do Congreso deu soporte ao veto do Goberno do PP de Rajoy a tramitar a lei para traspasala aínda que se basease en datos erróneos e, segundo os letrados da Cámara, fose irregular. Agora, como candidata popular ao Congreso por Pontevedra, afirma que "temos palabra, non mentimos á xente" e "comprometémonos, por suposto" co traspaso da AP-9
Pontón apela ao voto feminino: "Cada escano do BNG é un menos para Feijóo aliado cos que negan a violencia machista"
O Bloque coida que en Galicia sorprende menos que Feijóo "cruce toda as liña vermellas" nos pactos coa extrema dereita: "Coñecémos ben o candidato do PP, é o mesmo que financiaba a Red Madre antiabortista e os colexios do Opus que segregan por sexo"
Rueda fai promoción de axudas a regantes da Limia cun evento da Xunta en campaña e o PSdeG anuncia accións legais
Malia ao veto legal aos actos nos que os gobernos enxalcen os seus "logros" en período electoral, a Xunta organizou a sinatura dun convenio cos regantes nun acto público en Xinzo no que Rueda subliñou o "investimento importante" da Xunta no proxecto ante un panel coa lenda "2,5 millóns de euros". "Vestiron a sinatura dun convenio administrativo da Xunta cunha comunidade de regantes nun mitin electoral do PP" para "comprar vontades en plena campaña", acusan os socialistas
- Datos Xerais 23X
- Política
Da vivenda ás caixas: Feijóo nega datos clave dos seus gobernos en Galicia e atribúeos aos asesores de Sánchez
No debate de Atresmedia, Pedro Sánchez reprochou ao ex-presidente da Xunta que Galicia só dispuxo de 10 novas vivendas protexidas en 2018 e 2019 e o líder do PP afirmou que foran "máis de 2.500". O dato preciso é que foron 12. O candidato popular atribúe en exclusiva ao Goberno do PSOE de Zapatero a quebra de Novacaixagalicia tras a fusión, impulsada abertamente pola Xunta mediante operacións coma o pago dun millón de euros á consultora KPMG para un informe que o Goberno galego presentou como "auditoría" que "avalaba" a unión malia non ser tal
TSXG e xuíces érguense ante as presións de Xunta e empresas polas sentenzas contra parques eólicos
O Superior critica a quen "cuestiona a actuación de maxistrados", en referencia ás recusacións de Greenalia a Luís Villares. Xuízas para a Democracia acusa a compañías de "pretender que un tribunal mude de criterio á marxe das vías legais" e lembra ao Goberno galego que "un responsábel político non pode atribuír a causa da inseguridade xurídica ás decisións dos tribunais".
- Crónica Xerais 23X
- Política
Feijóo interpreta os seus clásicos en 'prime time' e Sánchez alerta dos seus pactos con Vox
O aspirante á reelección afrontou o inicio do debate de Atresmedia máis tenso ca o ex-presidente Feijóo, que inzou o bloque económico de cifras sen contraste por parte da organización mentres o líder do PSOE o acusaba de mentir. A maior incomodidade para o cabeza de cartel do PP chegou no momento en que os contendentes foron interpelados a respecto das políticas contra a violencia machista
Día 4 | Defensa do español ou apoio ao rural en Lugo, contra a crise climática e a fenda de xénero en Pontevedra
A 'número dous' do PP por Madrid, lucense ex-de Ciudadanos, fai campaña en Lugo cun acto sobre cultura e chama a ter en conta a "ferramenta fundamental que é o español". O PSdeG lucense recolle as propostas da plataforma 'Galicia Baleira' para afrontar o despoboamento, o BNG expón os seus plans medioambientais en Pontevedra e Sumar Galicia promove que a intelixencia artificial axude a frear a discriminación salarial das traballadoras